Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Manuel Baltar presenta no “South Summit” 2015 as innovacións en xestión que puxo en marcha na Deputación de Ourense

Por   /  01/10/2015 

    Imprimir       Email

Manuel Baltar presenta no “South Summit” 2015 as innovacións en xestión que puxo en marcha na Deputación de Ourense.

  • O evento de emprendedores e innovación empresarial máis importante do mundo, que se celebra en Madrid do 7 ao 9 de outubro, convidou ao presidente do goberno provincial para disertar sobre “O papel das institucións públicas no desenvolvemento do sector empresarial”.
  • O encontro, no que participarán as start-ups máis innovadoras e speakers de primeiro nivel mundial, tivo na pasada edición 7.000 asistentes de 34 nacionalidades, 3.500 emprendedores, 1.800 grandes empresas e 450 investidores.
  • Manuel Baltar, quen ofrecerá a súa conferencia en inglés diante de emprendedores e empresarios de todo o mundo, é o único político convidado ao South Summit. Participará na “Start-up School”, sección na que se presentan ferramentas de vangarda e consellos de innovación por parte de xestores e empresarios.

el-encuentro-entre-inversores-y-emprendedores-spain-startup-the-south-summit-comienza-su-edicion-2015O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, Manuel Baltar, ven de ser convidado polo “South Summit” 2015, o evento de emprendedores e innovación empresarial máis importante do mundo, para presentar as innovacións no ámbito da xestión na administración pública que está a supoñer o seu modelo de xestión á fronte da Deputación de Ourense.

A organización do South Summit, que se celebra en Madrid do 7 ao 9 de outubro, pediulle ao presidente do goberno provincial que participe nesta edición achegando a súa idea sobre “O papel das institucións públicas no desenvolvemento do sector empresarial” (The role of public institutions in the development of the entrepreneurial sector), unha conferencia que ofrecerá en inglés diante de emprendedores e empresarios de todo o mundo. É o único dirixente político convidado ao South Summit e participará na “Start-up School”, sección na que se presentan ferramentas de vangarda e consellos de innovación por parte de xestores e empresarios

No South Summit danse cita as principais referencias do ecosistema emprendedor e supón unha grande oportunidade para xerar negocio e responder ás necesidades e intereses de todos os actores. Manuel Baltar considera que o feito de ser convidado para explicar o modelo de xestión que ten implantado na Deputación de Ourense “significa seguir posicionando a nosa provincia no mundo en clave de innovación e modernidade, algo que contribuirá a atraer a Ourense proxectos competitivos e de vangarda para xerar riqueza e emprego”.

No encontro participarán as start-ups máis innovadoras e speakers de primero nivel mundial. Na pasada edición contou cun total de 7.000 asistentes de 34 nacionalidades, 3.500 emprendedores, 1.800 grandes empresas e 450 investidores.

Para a presente edición, que se terá lugar na Praza de Touros das Ventas (Madrid) xa foron seleccionadas as 100 start-ups finalistas de entre máis de 1.800 candidaturas presentadas de todo o mundo. Entre elas hai 62 proxectos españois e os restantes proceden de países como italia, Portugal, Bulgaria, Francia, Alemaña, Grecia, Arxentina, Chile, Perú, Estados Unidos e Kuwait. As categorías nas que compiten son: Healthcare & BioTech, Software for the big players, Hardware & connected things, Digital Media for mass markets e Industrial Revolution.

A edición do South Summit deste ano contará con máis de 150 speakers e máis de 100 investidores, e entre as grandes referencias do sector estarán nomes como Gwynne Shotwell de Space X; Inés Santos Silva de Startup Pirates; James Cameron de Accel Partners; Renaud Visage de Eventbrite, e David Brown, socio e co-fundador de Techstars.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →