Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Manuel Baltar recibe ao tricampión de España de BTT, o ourensán Pablo Rodríguez Guede

Por   /  01/07/2015 

    Imprimir       Email

Manuel Baltar e Pablo Rodríguez

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial a Pablo Rodríguez Guede, deportista ourensán tricampión de España Sub-23 de bicicleta de montaña (BTT) nos anos 2012, 2013 y 2014 e actual líder do Campionato de España e da Copa do Mundo Sub-23. Pablo Rodríguez é un ciclista macedán que compite na especialidade de Cross Country Olympic (BTT XCO disciplina olímpica), e nas dúas probas do mundial celebradas este ano acadou o 2º e o 1º posto nas carreiras que tiveron lugar en Novemesto (República Checa) e Albstadt (Alemaña). O vindeiro domingo compite en Lenzerheide (Suiza) e completará o calendario coas probas que se celebrarán en Canadá, Estados Unidos e Italia.

“Estamos diante dun deportista ourensán de proxección mundial”, afirmou Manuel Baltar, “que ten ante si o reto de poder formar parte do equipo olímpico español en Brasil 2016, algo que a Deputación apoiará colaborando coa campaña deste campión ourensán que levará no seu equipamento o lema “Ourense, a provincia termal”. O presidente do goberno provincial felicitouno polos éxitos acadados “e polos que virán” e desexoulle “que poida estar no podio esta fin de semana en Suiza, que siga liderando a Copa do Mundo e que leve a Ourense polos mellores escenarios desta disciplina deportiva”.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →