Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Manuel Baltar visita á selección australiana feminina de remo, que prepara o Mundial en Laias

Por   /  22/07/2015 

    Imprimir       Email

1 1 1 1 1 1 1 1 MB e remo 2

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo onte unha reunión cos técnicos e deportistas da selección australiana feminina de remo no Centro de Adestramento de Remo de Laias, Arnoia e Castrelo de Miño (CERLA), situado na contorna do Balneario de Laias (Cenlle), unhas instalacións nas que a institución provincial acometeu un investimento de 35.000 euros a través do Inorde para a construción dun pantalán que permite a equipos de remo nacionais e internacionais dispoñer dunha infraestrutura axeitada para realizar seus adestramentos.

Na súa visita de hoxe, o presidente do goberno provincial mantivo encontros coas deportistas e técnicos da selección australiana, entre os que se atopan medallistas e campioas do mundo, que están a realizar a súa preparación cara ao Mundial de Remo que se celebrará en Aiguebelette (Francia), entre o 30 de agosto e o 6 de setembro. Precisamente, dadas as excelentes condicións que se atoparon en Laias, os membros do equipo australiano confirmaron hoxe que volverán a estas instalacións o vindeiro ano para preparar a súa participación nos Xogos Olímpicos de Río de 2016.

Manuel Baltar dixo que Ourense dispón “dunha das mellores infraestruturas deportivas de España para a práctica do remo e do piragüismo na contorna do embalse de Castrelo, e proba diso é que, ademais do equipo de Australia xa estiveron facendo aquí a súa preparación as seleccións de Holanda, Bielorrusia e Reino Unido. O presidente da Deputación destacou que esta liña de actuación forma parte do Plan “Ourense, a provincia termal”, “que combina saúde, deporte e lecer, e que ten como obxectivo poñer en valor unha das principais singularidades da nosa provincia como é o termalismo”.

Na súa visita de hoxe a Laias Manuel Baltar interesouse polo programa de adestramento da selección australiana, integrada por 43 membros entre deportistas, técnicos e persoal sanitario e administrativo.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

La mercancía incautada

Detenidos en Oímbra dos vecinos de Portugal por un delito contra la propiedad industrial por transportar ropa falsificada por valor de 11.000 euros

Leer mas →