Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Manuel Baltar visita o Concello de Avión para coñecer proxectos sociais, turísticos, deportivos e de infraestruturas

Por   /  23/06/2015 

    Imprimir       Email

1 1 1 1 1 1 1 MB en Avion 2015

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou onte o Concello de Avión, onde foi recibido polo alcalde do municipio, Antonio Montero, con quen percorreu diferentes instalacións para coñecer os proxectos que se están a desenvolver no concello nos ámbitos sociais, de infraestruturas, turísticos e deportivos. Á súa chegada, o presidente do goberno provincial visitou a Casa Consistorial e posteriormente foi informado por parte do alcalde dos diferentes servizos e dotacións de equipamento e persoal que ten o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES), para percorrer de seguido as instalacións deportivas, a piscina e a escola infantil, de titularidade municipal.

Manuel Baltar destacou a importancia do que significa a cooperación da Deputación de Ourense cos concellos, “o que posibilita a modernización dos municipios do rural e o desenvolvendo de servizos que achegan máis calidade de vida aos cidadáns”. Neste senso, Baltar subliñou que nos orzamentos para 2016, que se aprobarán no vindeiro mes de setembro, “seguirá a visualizarse a cooperación cos concellos nas liñas de colaboración que permitan seguir mellorando servizos e infraestruturas a prol dunha maior eficacia e eficiencia”.

Antonio Montero agradeceu ao presidente do ente provincial a visita e remarcou “a imprescindible colaboración que a Deputación mantén con concellos como o noso, grazas ao cal é posible que poidamos facer realidade moitos proxectos que en caso contrario sería imposible levar a cabo”.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →