Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Medio Ambiente inicia hoxe as obras para a apertura dunha vía entre o colexio e o centro de saúde no concello de Sober

Por   /  13/08/2015 

    Imprimir       Email

alberto nunez feijoo preside a reunion do consello da xuntaA Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas iniciou onte as obras para a apertura dunha vía entre o colexio público e o centro de saúde no concello de Sober.

A Xunta de Galicia financia a totalidade desta actuación mediante a achega dun investimento de preto de 60.000 euros, que se executa no marco dun convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Medio Ambiente e este concello lucense.

Este proxecto consistirá na apertura dunha vía de 110 metros de lonxitude e 12 metros de anchura, cunha calzada de 9 metros e dous carrís de 3,25 metros e dúas beirarrúas de 1,50 cada unha.

As obras centraranse na pavimentación con capa de rodadura e beirarrúas con pavimento de zahorra, así como na execución de canalizacións subterráneas para as futuras instalacións eléctricas.

Cómpre precisar que o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Sober prevé unha vía no contorno do colexio público, o centro médico e a residencia da terceira idade. A través desta vía darase acceso a unha parcela na que, unha vez urbanizada, se pretenden construír vivendas sociais.

A apertura desta vía é unha actuación integrada no Plan hUrbe, un plan da Xunta que ten por obxectivo facilitar que as vilas e cidades de Galicia sexan máis humanas e ofrezan cada vez máis posibilidades de goce e benestar ás persoas.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →