Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Melloras no saneamento e abastecemento do concello de Lobios

Por   /  23/02/2016 

    Imprimir       Email
  • Díaz Mouteira supervisa as melloras executadas no saneamento e abastecemento do concello de Lobios
  • A delegada territorial da Xunta en Ourense, acompañada pola alcaldesa do municipio, Mª Carmen Yáñez, visitou as obras que contaron cun presuposto de máis de 170.000 euros
  • Os traballos permitiron o aproveitamento de captación dos núcleos de O Puxedo e Xendive, amais da renovación da rede de sumidoiros en Torneiros

230216 saneamento Lobios

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou esta mañá o concello de Lobios e acompañada pola alcaldesa, Mª Carmen Yáñez, supervisou as obras de mellora no abastecemento e saneamento executadas nos lugares de Torneiros, O Puxedo e Xendive.

Os traballos, iniciados o pasado mes de outubro e cun prazo de execución de 5 meses, desenvolvéronse grazas a colaboración da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación del Territorio, a través de Augas de Galicia, quen adxudicou o proxecto cun orzamento de 171.214 euros.

En concreto, as obras supuxeron melloras no abastecemento en Xendive e O Puxedo, co aproveitamento de captación e condución, a reposición dos pavimentos e a instalación dun depósito complementario de 50m3; e no saneamento en Torneiros, coa instalación da rede de sumidoiros en PVC, pozos de rexistro e reposicións.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →