Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Monserrat Pis e “Quico” reciben o XIII Premio “Pura e Dora Vázquez”

Por   /  24/10/2016 

    Imprimir       Email
  • A escritora Monserrat Pis e o ilustrador Francisco Pérez “Quico” reciben o XIII Premio “Pura e Dora Vázquez”
  • No acto, celebrado no colexio público de Luíntra, Manuel Baltar destacou a importancia de que os protagonistas deste evento sexan, xunto cos premiados, os nenos, os libros, o ensino e o rural, “para facer Ourense entre todos e recoñecer o talento de quen traballa a prol da infancia e da mocidade”.
  • A secretaria territorial da Xunta en Ourense, Silvia Dorado, asistiu ao acto
Foto de familia do acto de entrega do premio

Foto de familia do acto de entrega do premio

 

O CEIP de Luíntra foi escenario hoxe da entrega do XIII Premio “Pura e Dora Vázquez” de narración e ilustración infantil e xuvenil, a primeira vez que este evento se celebra fóra do Pazo Provincial, escollendo un colexio do rural ourensán “para que os protagonistas sexan, xunto cos premiados, os nenos, os libros, o ensino e o medio rural”, afirmou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, na clausura do acto.

Manuel Baltar e Montserrat Pis

Manuel Baltar e Montserrat Pis

 

Manuel Baltar e Francisco Pérez

Manuel Baltar e Francisco Pérez

 

Na modalidade de narración a escritora compostelá Monserrat Pis Marcos (Santiago de Compostela, 1983) coa obra Damaluar foi a gañadora da XIII edición deste premio, un dos máis prestixiosos da literatura galega dirixido a nenos e mozos, mentres que na modalidade de ilustración o gañador foi Francisco Pérez Villanueva “Quico” (A Coruña, 1975). Cada un dos premios está dotado con 1.500 euros e diploma.

A Deputación de Ourense convoca anualmente este certame “que quere recoñecer a calidade literaria e artística de traballos creados para nenos e mozos, fomentar a lectura entre este público e destacar a figura das escritoras ourensás Pura e Dora Vázquez”, dixo Manuel Baltar, quen engadiu que isto “é facer Ourense entre todos e recoñecer a quen traballa a prol da infancia e da mocidade no ámbito da cultura, como neste caso acontece con Montserrat Pis e Francisco Pérez, a quen felicito, porque co seu talento e creatividade prestixian este importante premio literario”.

O presidente do goberno provincial, quen agradeceu á directora do colexio, María José Barandela, a acollida brindada polo centro para a organización do acto, destacou que Ourense, “un pobo traballador, creativo e emigrante, ten na cultura un camiño para contribuír a sermos unha provincia máis forte e máis grande”, e puxo de relevo o labor que está a desenvolver a Deputación de Ourense sinaladamente no ámbito da infancia, cos programas “Coñece Ourense” e “Esquiou” e coa organización cada nadal do parque de atraccións estacionario máis importante de Galicia, “Pazolandia”.

Manuel Baltar, na clausura do acto

Manuel Baltar, na clausura do acto

 

“Un compromiso coa infancia e a súa cultura pero tamén cos adultos, pois o goberno provincial organiza o Premio de novela “Blanco Amor” e o de xornalismo “Xosé Aurelio Carracedo”, para pór en valor ás nosas letras e o periodismo de calidade que se fai en Galicia”, expresou Manuel Baltar.

O acto contou coa presenza de representantes institucionais, e persoeiros do ámbito cultural e social da provincia de Ourense, e cos alumnos do colexio de Luíntra, quen gozaron coa actuación musical de Magín Blanco, cantautor de música infantil.

Montserrat Pis agradeceu o premio á Deputación “polo que supón de apoio á promoción da nosa lingua”, agradecemento que estendeu tamén ao ilustrador do libro, “Quico”, “por regalarnos tan fermosas imaxes para “Damaluar”. Pola súa banda Francisco Pérez “Quico” espresou o seu desexo “de que todos poidades gozar e soñar co libro e coas ilustracións” e fixo un chamamento en favor da animación á lectura e para que “tamén os maiores se acheguen á literatura infantil”.

O xurado destacou da obra premiada “Damaluar” “a tenrura que transmite” e a súa “interesante vertente educativa, polos valores que transmiten os seus personaxes”. Asemade o xurado pon de manifesto “a narrativa, coloquial e o xénero fantástico, que denota unha autoría literaria avezada”. En relación coas ilustracións de Quico o xurado entende que reflicten “unha orixinalidade e creatividade especiais, ademais dunha grande calidade artística, cunhas tonalidades moi agradables á vista e que combinan perfectamente coa historia que ilustra”.

A secretaria territorial da Xunta en Ourense, Silvia Dorado, asistiu ao acto

A secretaria territorial da Xunta en Ourense, Silvia Dorado, asistiu ao acto

 

Monserrat Pis Marcos naceu en Santiago de Compostela no ano 1983, alí se licenciou en Historia da Arte. Entre os premios literarios e distincións que recibiu figuran: finalista do concurso de contos Emiliano Barral (Segovia) por “Las alas de Fatma” (2014); gañadora do terceiro premio do Certame de relato corto Librerías ILCSA e Libro Club (México) por “Las alas de Fatma” (2014); finalista do Certame Ángel Ganivet (Finlandia) por “Golfín” (2014); gañadora do concurso de contos Berta Piñán (Asturias) por “Golfín” (2014), e o ano pasado foi finalista do Certame internacional de relatos cortos “Filando cuentos de mujer” (Asturias) por “La lectora de horas muertas” (2015). Tamén gañou o Certame de novela corta “Ciudad de Tíjola” (Almería) por “La tejedora de palabras” (2015).

Francisco Pérez Villanueva, coñecido como “Quico” no mundo artístico, naceu en Noia (A Coruña), no ano 1975. Estudou na Escola de Artes e Oficios de Lugo, Gravado e técnica de estampación. Francisco Pérez gañou o primeiro premio “La tira por los derechos humanos” no ano 2010, e no ano 2003, o primeiro premio “Agora Cultural” polo cómic “Tan lejos, tan cerca”.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

servicio-publico-de-empleo-estatal-prestaciones-sepe-antes-inem_img238015t0

Paro novembro: baixa nun 9,6%, o maior descenso producido neste mes desde hai 18 anos

Leer mas →