Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Mostra de Fran Lareo no C.C. Marcos Valcárcel

Por   /  14/07/2016 

    Imprimir       Email
  • Fran Lareo converte a súa imaxinación en pequenas esculturas
  • A mostra composta por 25 pezas foi inaugurada esta tarde no Centro Cultural “Marcos Valcárcel”

0 0 0 0 0 0 0 RF expo Lareo

 

O escultor Fran Lareo (Brión-A Coruña), inaugurou onte no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense, una exposición onde pon de manifesto a súa desbordante imaxinación, que se transforma en esculturas policromadas de pequeno formato que “nacen nalgún lugar da súa memoria”.

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, reiterou o apoio da institución provincial aos novos creadores e fixo especial fincapé na orixinalidade e innovación dos traballos de Lareo.

O artista trae unha colección de 25 pezas onde están representados os seus últimos traballos, todos eles elaborados con diversos minerais policromados e que poderán visitarse ata o día 15 de agosto.

Fran Lareo, artista autodidacta, empezou traballando a pedra, logo pasouse á madeira pero acabou creando o seu propio material, que elabora el mesmo no seu estudio-taller (e que solo el coñece e a ninguén explica). “O seu é darlle materia, formas e cores a seres que habitan non se sabe onde, aínda que haxa xente que empece a sospeitalo. Quizais na alma dun artista que pisa sobre un chan xeométrico de imposibles escaleiras” di sobre a súa obra o escritor Alfredo Conde, Premio Nacional de Literatura.

0 0 0 0 0 0 fran lareo

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →