Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Niñodaguía e a alfarería como asunto de interese provincial

Por   /  06/11/2016 

    Imprimir       Email
  • Inauguración do Museo Taller de Olería de Niñodaguia en Xunqueira de Espadañedo
  • Este centro interactivo achegará, a través de distintas actividades, este último reduto de artesanía oleira ourensá aos visitantes
Manuel Baltar na inauguración do Museo Taller de Olería de Niñodaguia

Manuel Baltar na inauguración do Museo Taller de Olería de Niñodaguia

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o alcalde do Concello de Xunqueira de Espadañedo, inauguraron onte o Museo Taller de Olería de Niñodaguía. O goberno provincial entende a “Niñodaguía e a alfarería como un asunto de interese provincial. O seu legado de máis de 500 anos merece ser reivindicado e apoiado”, destacou Manuel Baltar.

O presidente da Deputación de Ourense dixo que hoxe é o comezo, “contribuiremos ao sostemento do Museo e ao seu potencial xerador de riqueza e de emprego”. Asemade quixo agradecer na inauguración ao concello; ao alfareiro, Agustín Vázquez; e á Asociación Os Xuncos, “o seu interese nunha cuestión que é referencia na Ribeira Sacra e, en Galicia”, sinalou Baltar.

Este centro que pretende converterse nun espazo interactivo baseado na cultura do barro acollerá distintas actividades que contribúan á posta en valor desta tradicional profesión artesán. De este modo, levaranse a cabo visitas guiadas adaptadas a diferentes grupos e idades, facendo un percorrido polo museo pero tamén polos fornos comuneiros; experiencias “cacharreiras”, isto é obradoiros de olería tradicional, unha actividade cun alfareiro de Niñodaguia, na que os visitantes poderán tocar e traballar o barro; e actividades para centros de Ensino para que os máis cativos coñezan o noso patrimonio e aprenden desde moi pequenos a valoralo.

A aldea Niñodaguia do Concello de Xunqueira de Espadañedo, constitúe o último reduto da artesanía oleira ourensá, sendo esta pequena localidade, no berce dos grandes creadores de formas co barro e a arxila polo que, Xunqueira de Espadañedo pretende dar a coñecer esta cultura milenaria.

Os cacharreiros de Niñodaguía coñecidos tamén como xarreiros e calleiros, mantiveron a súa olería tradicional grazas a que a beta de arxila do Monte do Barro, no termo de Veigachá, parece non ter fin.Na actualidade consérvanse tres fornos comunais exteriores recentemente restaurados.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

Papá Noel conectará a través de videoconferencia con mais de 1.600 nenos e nenas

Leer mas →