Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

No Día Mundial da SIDA o CHUO lembra a importancia das medidas de protección ante o incremento de infeccións por relacións sexuais de risco

Por   /  01/12/2015 

    Imprimir       Email
  • A Unidade de Enfermidades infecciosas alerta do ascenso na transmisión en relacións sexuais non protexidas, en especial entre homes, polo lembra a importancia das medidas preventivas
  • O 48% dos novos casos se diagnostican tardiamente, con SIDA ou alta inmunosupresión, o que complica a evolución. Estes casos son mais frecuentes en pacientes relacións heterosexuales de risco

descargaAnte a conmemoración do Día Mundial contra a SIDA, a Unidade de Enfermidades Infecciosas do Complexo Hospitalario de Ourense, dependente do Servizo de Medicina Interna, desexa lembrar á poboación a importancia da prevención e da detección precoz, mediante o emprego de preservativo e realización do Test do VIH (Virus de Inmunodeficiencia Humana).

No Complexo Hospitalario Universitario de Ourense rexistráronse un total de 454 casos de SIDA. No momento actual, reciben tratamento 505 pacientes seropositivos e declaráronse, en 2014, 28 novos casos de infección VIH. A prevalencia da infección VIH da provincia de Ourense foi, tamén en 2014, de 64 casos por millón habitantes, a terceira mais alta de Galicia, por debaixo de A Coruña e Pontevedra.

Ao igual que no conxunto do Estado, en Ourense a gran maioría dos novos casos débense a relacións sexuais de risco, descendendo o número de contaxios entre drogodependentes. O patrón predominante é xa a vía sexual: Así, o pasado ano en Ourense o 48% dos novos casos en homes, foron por relacións sexuais homosexuais e o 28 % por relacións heterosexuais non protexidas. Asemade en mulleres o 76% dos novos casos foron tamén por relacións heterosexuais de risco.

Ascenso das transmisións por relacións sexuais de risco

Os datos recollidos evidencian así un ascenso nas transmisións por relacións sexuais non protexidas, en especial en relacións homosexuais entre homes (cun incremento anual do 8,4%) o que fai preciso lembrar a importancia das medidas preventivas nesta poboación: Evitar prácticas sexuais de risco e asegurar o uso do preservativo.

A idade media dos pacientes VIH está entre os 25-49 anos e a proporción varóns/ mulleres infectados é do 75% fronte ao 25% de mulleres. Mentres que nos varóns infectados por transmisión heterosexual o 19% ten máis de 49 anos.

Non baixar a garda: Protección e Diagnóstico

Este alarmante ascenso de casos por relacións sexuais non protexidas, en especial en prácticas sexuais homosexuais, relaciónase coa sensación errónea de que a infección polo VIH e outras enfermidades de transmisión sexual non son xa mortais ou perigosas, asi como co consumo de novas drogas ou modas como as prácticas Chemsex” (relacións múltiples baixo os efectos euforizantes de sustancias sintéticas).

Pese a que a infección por VIH ten tratamentos que melloraron o seu prognóstico, converténdoa nunha patoloxía crónica, continúa a ser unha grave infección que pode comprometer gravemente aos que a padecen, polo que Ricardo Fernández, xefe de sección de Medicina Interna no CHUO e responsable da súa Unidade de Enfermidades Infecciosas lembra que “é importante manter o grao de alerta en canto á prevención, co uso de medidas para evitar a transmisión en relacións sexuais, e detección precoz mediante a realización do test de VIH.”

Antes de 1996 a supervivencia dos pacientes non alcanzaba os 2 anos de media, a maior parte deste tempo con ingresos hospitalarios e mala calidade de vida. Desde entón existen tratamentos antirretrovirais eficaces, que aumentan a supervivencia de forma extraordinaria e cunha boa calidade de vida, libre de infeccións oportunistas. De feito, a maioría de tratamentos actuais son dunha única pastilla e toma ao día.

Entre un 25 e 30% da pacientes VIH sen diagnóstico

Pese ao avance nos tratamentos, non podemos esquecer que en España aínda existe entre un 25-30% de infeccións ocultas, ou sen diagnósticar, e que por tanto non se benefician das vantaxes do tratamento antiretroviral; pero que ademais son responsables dun 58% dos novos casos de infección VIH.

Por elo ademais de promover a protección e seguridade nas relacións sexuais, é imprescindible concienciar á poboación da importancia do diagnóstico precoz, realizándose o test de VIH. O diagnóstico precoz só é importante a nivel individual senón tamén resulta de interese público, para evitar a transmisibilidade da infección: diagnosticar e tratar ao infectado diminúe a transmisión da infección.

Diagnóstico tardío en relacións heterosexuais de risco

Con elo poderase evitar tamén o diagnóstico tardío, que ainda afecta ao 48% dos novos casos diagnosticados. Nestes casos, os pacientes presentan xa unha inmunosupresión notable, que dificulta a súa evolución. Ademáis, o 20% destes pacientes se diagnostican xa con criterios de SIDA, é dicir, seu diagnóstico inicial prodúcese cando xa sufre infeccións oportunistas ou tumores.

O diagnóstico tardío é mais frecuente entre os contaxios por relacións heterosexuais de risco. Nestes casos, é imprescindible que as persoas que mantiveran prácticas sexuais de risco, aínda que esta fora hai tempo, realicen a proba de VIH. De feito diversas sociedades científicas recomendan que todas as persoas realicen alo menos unha vez na vida a proba de VIH e que se repita de existir prácticas de risco.

Para a realización da proba VIH, tan só é preciso solicitalo ao médico de cabeceira, que indicará súa realización mediante unha sinxela extracción de sangue, no centro de saúde ou hospital. Se os resultados do test indican a presenza de VIH, o paciente é directamente derivado a Unidade de Enfermidades Infecciosas, onde avaliarán seu estado xeral e indicarán o tratamento preciso.

A desexada vacina aínda non estará dispoñible a curto-medio prazo, por elo é imprescindible non baixar a garda na prevención e nas medidas de protección nas relacións sexuais de risco.

Por elo, o doutor Fernández Rodríguez, lembra que a realización do test de VIH é moi importante para a detección precoz, especialmente cando a persoa tivera realizado prácticas de risco por relacións sexuais ou drogas. Xunto a elo, subliña a importancia da prevención do contaxio, usando preservativos nas relacións sexuais, con parella non estable, e evitando compartir material para a inxección de drogas.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →