Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Nor-Ibérica de bebidas xa conta co certificado Galicia calidade

Por   /  06/05/2016 

    Imprimir       Email
  • Nor-Ibérica de bebidas conta xa co certificado Galicia calidade para os seus augardentes e licores tradicionais
  • Galicia Calidade suma na actualidade 79 empresas e máis de 300 produtos certificados

calidade_250A compañía, fundada no ano 2004 en Maside, pode incluír na súa etiquetaxe o selo de garantía Galicia Calidade para os augardentes brancos, de herbas, licor café e licor de herbas, comercializadas coas marcas Felipe Saavedra e Marqués de Marialva. O selo Galicia Calidade, con validez para o próximos tres anos, permitirá a Nor-Ibérica de Bebidas incluír o distintivo nas etiquetaxes dos produtos certificados, así como nas diferentes accións para a súa promoción.

Elaboración tradicional
Nor-Ibérica de Bebidas naceu no ano 2004 en Maside (Ourense), despois de contar con máis de 20 anos no sector vitivinícola, co obxectivo de elaborar augardentes e licores de gran calidade de forma totalmente artesanal.

Cun coidadoso proceso de selección das materias primas, os augardentes están elaborados partindo de bagazos controlados polo Consello Regulador das Indicacións Xeográficas das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, o que permite comercializar un produto de máxima calidade e de recoñecemento internacional.

1

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →