Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Novo éxito de Pazolandia que superou os 35.000 visitantes

Por   /  06/01/2016 

    Imprimir       Email
  • Máis de 35.000 persoas visitaron a 23ª edición de Pazolandia
  • Este evento infantil organizado pola Deputación de Ourense converteuse no maior parque de atraccións estacional de Galicia
Presentación da 23ª edición de Pazolandia

Presentación da 23ª edición de Pazolandia

 

Máis de 35.000 persoas pasaron dende o 26 de decembro ata o 4 de xaneiro, polo Pazo dos Deportes “Paco Paz” con motivo da 23ª edición de Pazolandia. Este evento infantil que organiza a Deputación de Ourense dende o ano 1993, converteu o Pazo dos Deportes no maior parque de atraccións estacional de Galicia.

O parque ofreceu aos visitantes uns 8.000 metros cadrados entre espazos exteriores e interiores, con máis de cen actividades de lecer, entre atraccións clásicas de feira, obradoiro de realidade virtual, ludoteca e multiespazo de videoxogos.

Pazolandia cumpre este ano a súa 23ª edición, converténdose nunha importante cita durante o Nadal tendo en conta a gran acollida que ten non só entre os ourensáns senón tamén entre visitantes de distintas partes de Galicia que acudiron durante estes días a Pazolandia.

Máis de 60 concellos da provincia participaron na actividade achegando 3.500 nenos e nenas que gozaron dunha bonificación no prezo da entrada e a reserva da xornada facilitando así o acceso do medio rural ourensán a esta oferta lúdica.

As actividades desenvolvéronse nun total de 17 sesións (dúas diarias) que tiveron lugar en horario de mañá, de 11.00 a 14.00 horas, e de tarde, de 17.00 a 20.00 horas.

Esta edición contou cunha serie de novidades como foron a Noria xigante instalada na cancha central do Pazo dos Deportes, a ampliación do espazo de videoxogos e un cine 6D instalado nos exteriores do recinto.

En Pazolandia traballaron oitenta persoas, entre persoal das atraccións, limpeza, monitores de animación, técnicos electricistas e de mantemento, montadores, coidadores, taquilleiros, Cruz Vermella, médicos, vixilantes e persoal administrativo.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →