Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Número 30 do “Anuario da Gaita”: Tradición, cultura e etnografía

Por   /  20/10/2016 

    Imprimir       Email
  • Esta publicación, editada pola Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense, está dedicada ao instrumento senlleiro de Galicia, a gaita

 

Rosendo Fernández, Manuel Rego, Aurelio Gómez Villar e Xosé Lois Foxo

Rosendo Fernández, Manuel Rego, Aurelio Gómez Villar e Xosé Lois Foxo

 

A Deputación de Ourense presenta a 30ª edición do “Anuario da Gaita”, editado pola Escola Provincial de Gaitas. A presentación desta publicación tivo lugar onte no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o director da Escola Provincial de Gaitas, Xosé Lois Foxo; o asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar; e o colaborador asiduo do anuario, Manuel Rego Nieto.

“Esta publicación, única nas súas características en Galicia, achega investigación, tradición, cultura e etnografía dedicada integramente a un instrumento senlleiro como é a gaita”, dixo Rosendo Fernández, quen destacou o labor que leva a desenvolver durante 30 anos a Escola Provincial de Gaitas e que “se ve reflexado nos numerosos recoñecementos públicos que todos os anos recibe”.

O “Anuario da Gaita” é un traballo que “aposta pola defensa da identidade ourensá e galega. Unha publicación que aporta valor engadido á política cultural da Deputación de Ourense”, afirmou o vicepresidente da Deputación de Ourense.

Esta publicación, segundo o director da Escola Provincial de Gaitas, é un compendio de artigos científicos de diferentes especialistas que buscan as raíces deste instrumento e que, informan constantemente, e todo elo sen ningún tipo de interese que non sexa a recuperación da historia da nosa cultura, pois a gaita é a base lírica da música galega a partir do século XIII”.

Actualmente, o “Anuario da Gaita” é un “referente para estudosos, investigadores, profesores, que buscan nesta publicación aquilo que non é doado atopar. Neste momento está en marcha unha investigación sobre a orixe da Muiñeira, que están a facer conxuntamente especialistas italianos e galegos, de tal maneira que esa vinculación xenética entre ese ritmo que ten a Muiñeira e que ten a Tarantela en Italia, dalgunha maneira vincula as culturas”, explicou Xosé Lois Foxo.

“A Escola Provincial de Gaitas leva a Ourense polo mundo a través da gaita. Ourense é un referente no campo da investigación científica entorno a este instrumento”, asegurou Xosé Lois Foxo, quen destacou a completa actividade que leva a cabo a Escola “non só a través do ensino da gaita, senón con diferentes iniciativas como esta publicación ou co Museo Internacional de Cornamusas, a colección máis grande de Europa e posiblemente do Mundo”.

Manuel Rego, colaborador asiduo desta publicación, mencionou tres datos sobre a historia cultural de Ourense, lembrando que Ourense “foi chama Atenas de Galicia, polas semanas culturais do Orfeón Unión Ourensana, polas que pasaron os persoeiros do Galeguismo como Otero Pedrayo, Vicente Risco, Álvaro Cunqueiro, entre outros. Logo nas Festas Maiores, Ourense tivo o Festival Da Canción do Miño que foi unha postal que levou a Ourense por España e o estranxeiro. E, agora, hónranos a Real Banda de Gaitas”.

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

servicio-publico-de-empleo-estatal-prestaciones-sepe-antes-inem_img238015t0

Paro novembro: baixa nun 9,6%, o maior descenso producido neste mes desde hai 18 anos

Leer mas →