Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

O 26 de decembro abre ‘Pazolandia’ o maior parque de atraccións estacional de Galicia

Por   /  23/12/2015 

    Imprimir       Email
  • “Pazolandia” abre as súas portas o vindeiro 26 de decembro no Pazo dos Deportes “Paco Paz”
  • O maior parque de atraccións estacional de Galicia é un evento infantil organizado pola Deputación de Ourense que este ano chega á súa 23ª edición
Presentación Pazolandia

Presentación Pazolandia

 

Pazolandia, o evento infantil organizado pola Deputación de Ourense dende 1993, que converte o Pazo dos Deportes “Paco Paz” no maior parque de atraccións estacional de Galicia, abrirá as súas portas do 26 de decembro ao 4 de xaneiro. A presentación do programa tivo lugar hoxe coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o director xerente do Pazo dos Deportes, Ángel Cid, e o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González.

Un ano máis prevese que unhas 30.000 persoas (4.000 delas nenos e nenas dos concellos da provincia de Ourense) visiten Pazolandia nestas datas de Nadal. En total, a organización pon a disposición dos visitantes uno 8.000 metros cadrados de instalacións que acollerán máis de cen actividades de lecer, entre atraccións clásicas de feira, obradoiro de realidade virtual, ludoteca e multiespazo de videoxogos. En Pazolandia traballan oitenta persoas, entre persoal das atraccións, limpeza, monitores de animación, técnicos electricistas e de mantemento, montadores, coidadores, taquilleiros, Cruz Vermella, médicos, vixilantes e persoal administrativo.

Pazolandia, que este ano cumpre a súa 23ª edición, desenvolverase do 26 de decembro ao 4 de xaneiro, con dúas sesións diarias, de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas. Nove días de actividade para un total de dezasete sesións. O prezo da entrada mantense ao igual que o ano pasado en 4 euros.

Entre as novidades deste ano destacan un cine 6D, e nos exteriores o carrusel cadenas. No interior da instalación instalarase unha noria xigante que dará máis espectacularidade e vistosidade ao recinto.

Rosendo Fernández agradeceu aos responsables da instalación “este esforzo que realizan ano tras ano por esta actividade que a Deputación de Ourense organiza para converter cada nadal a este espazo deportivo nun lugar de lecer para os máis novos”.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, convidou por carta a unha importante representación de centros de acollida de nenos e nenas e entidades de carácter benéfico, para que ningún neno da provincia, por razóns económicas, deixe de participar nesta edición de Pazolandia.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →