Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

O acordeonista Víctor Prieto visita a Deputación de Ourense antes do seu regreso a Nova York

Por   /  17/11/2015 

    Imprimir       Email
Víctor Prieto e Manuel Baltar

Víctor Prieto e Manuel Baltar

O acordeonista e compositor ourensán Víctor Prieto visitou onte o Pazo Provincial onde se reuniu co presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, antes da súa viaxe de regreso a Nova York.

O presidente do goberno provincial confirmou que a Deputación de Ourense vai apoiar a estrea mundial en Nova York do novo proxecto discográfico de Víctor Prieto, que se está a grabar nos meses de novembro e decembro, e que será presentado no ano 2016. Víctor Prieto, que está a acadar importantes éxitos na súa carreira musical en Estados Unidos polo seu traballo de aplicación e ensino da armonía moderna ao jazz, mantivo un encontro co presidente provincial, quen lle agradeceu a súa actuación na pasada gala do Premio Ourensanía 2015 e desexoulle “que siga colleitando éxitos na súa sobresaínte carreira como compositor e intérprete no ámbito da acordeón, levando sempre por onde actúa e ensina o nome de Ourense “.

Víctor Prieto e Manuel Baltar

Víctor Prieto e Manuel Baltar

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →