Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

O apoio da Deputación permite desbloquear a execución do Plan de Obras do Concello de Ourense

Por   /  15/10/2015 

    Imprimir       Email
  • Na reunión de hoxe do Comité de Cooperación Permanente, que tivo lugar no Pazo Provincial coa participación de Manuel Baltar e Jesús Vázquez, analizáronse as obras que se van realizar na capital por importe de máis de 1,3 millóns de euros.
  • A cooperación da Dep.utación co Concello de Ourense permite executar o 27,8% do investimento total previsto no Plan de Investimentos (4,8 millóns de euros), aprobado no pasado mandato municipal.

O apoio da Deputación de Ourense permite desbloquear a execución do Plan de Obras do Concello de Ourense e levar a cabo infraestruturas viarias e obras de accesibilidade e abastecemento por un importe de máis de 1,3 millóns de euros. Así se acordou na reunión de hoxe do Comité de Cooperación Permanente, que tivo lugar no Pazo Provincial coa participación de Manuel Baltar e Jesús Vázquez, na que se analizaron as obras que se van realizar na capital ourensá, unha cooperación interinstitucional que permite executar o 27,8% do investimento total previsto no Plan de Investimentos (4,8 millóns de euros), aprobado no pasado mandato municipal.

Manuel Baltar e Jesús Vázquez

Manuel Baltar e Jesús Vázquez

Manuel Baltar explicou que logo das pasadas eleccións municipais “constituímos o Comité de Cooperación Permanente entre Deputación e Concello de Ourense, o único das súas características no que atinxe á colaboración interinstitucional en España, que ten como obxectivo dinamizar e optimizar os proxectos de interese común para a capital e a provincia. Na reunión de hoxe solicitouse por parte do concello de Ourense a colaboración da Deputación para que se poida executar o Plan de Obras pendente no Concello de Ourense, con importantes actuacións no ámbito das infraestruturas na capital ourensá, que non poderían realizarse sen o co-financiamento e a cooperación da Deputación de Ourense, xa que os informes técnicos reflectían que era a única vía para poder executar o dito plan”.

O presidente do goberno provincial considera transcendental que se poidan levar a cabo estas obras, entre elas a humanización da rúa Concejo que é unha das importantes vías de entrada ao centro da cidade, “e a Deputación, que atende aos 92 concellos da provincia, e entre eles o da capital, ten que apoiar e colaborar e por iso accedemos a esa petición de auxilio por parte do Concello de Ourense”.

Manuel Baltar destacou “a capacidade de diálogo do alcalde de Ourense” e dixo que a finalidade do Comité de Cooperación Permanente “é compartir toda a información e ter unha colaboración máxima e absoluta dispoñibilidade por parte das dúas institucións para dar resposta inmediata pensando nas veciñas e veciños da capital e da provincia”.

Pola súa banda, Jesús Vázquez dixo que estes proxectos “atopábanse paralizados por dificultades derivadas da situación interna da Concellería de Infraestruturas, froito da inercia na que levaba dende había anos: descoordinación, faltade proxectos e dificultades técnicas. Por este motivo, solicitamos a colaboración da Deputación Provincial, toda vez que estas institucións ocupan un lugar principal no mapa competencial das entidades locais, e se lles asigna, entre outras, a cooperación co resto das entidades locais no fomento económico e social, e se lles outorga de xeito irrenunciable un espazo central na xestión de competencias locais”.

Desta maneira, Deputación e Concello de Ourense acometerán conxuntamente as obras incluídas no Plan de Investimentos, correspondentes á rehabilitación da pasarela peonil sobre o río Barbaña (cun investimento de 100.499,56 euros); o acondicionamento e renovación do firme da Praza Eiroás e rúa do Pazo (126.681,85 euros); a rede de abastecemento da Besada – Santa Mariña (128.063,12 euros); a humanización da rúa Concejo (766.124,39 euros); a rehabilitación de firme e adecuación de accesibilidade da rúa Mercado (101.742,56 euros); a humanización da Canella do Barbaña-Pozo do Inferno (234.700,19 euros), que forma parte da Área de Rehabilitación Integral do Polvorín-Camelias-A Carballeira, e a instalación eléctrica para vídeo-vixiancia do polígono empresarial de Seixalbo (105.018,50 euros).

Todas elas supoñen un investimento de 1.340.403,27 euros, que conforma o 27,8% do orzamento total do Plan de Investimentos.

“O cofinanciamento destes proxectos permitirá afrontar neste exercicio económico e no vindeiro (2015-2016) a contratación e adxudicación mediante o contemplado na lei de contratos, todas elas de carácter urxente e inaplazable”, explicou Jesús Vázquez, estimando prioritario “impulsar a cooperación técnica e económica coa Deputación de Ourense para implementar estratexias de desenvolvemento para a cidade e, por extensión, da propia provincia, xa que a citada cooperación abriría a posibilidade de executar unha serie de investimentos cuxa execución estaba en risco ata o día de hoxe”. Neste senso, o alcalde agradeceu “o compromiso e a máxima colaboración por parte do presidente provincial”.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →