Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

O Centro Cultural “Marcos Valcárcel” acolle a inauguración do XIII Certame de Artes Plásticas

Por   /  03/09/2015 

    Imprimir       Email

1Fachada-Deputacin-300x213O Centro Cultural “Marcos Valcárcel” acollerá hoxe a inauguración do XIII Certame de Artes Plásticas ás 20.15 horas na que estará presente o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández e membros do xurado que estivo integrado por Xose Manuel Buxán Bran, profesor da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, crítico de arte e comisario independente; Ángel Cerviño,  artista visual, comisario de exposicións e crítico de arte; Manuel Pérez Penín, pintor; Mercedes Rozas, crítica de arte e comisaria de exposicións; e Eva Torres, directora do Museo Municipal de Ourense e comisaria de exposicións; como secretario, Francisco Cougil, xefe do negociado de Transparencia e Información cidadá da Deputación de Ourense.

Na mostra estarán expostas 35 obras, entre as premiadas e as  que foron seleccionadas entre os traballos presentados. Nesta XIII edición contou coa entrega de máis de 100 traballos de toda Galicia pero tamén de outras partes de España como Alicante, Canarias, Madrid, Guipúzcoa, Salamanca, Valladolid, Zamora, etc. En canto aos premiados, a coruñesa Teresa Bua pola súa curtametraxe “Jeada” recibe o primeiro premio cunha dotación de 3.000 euros. O segundo premio de 2.000 euros é para obra “Spanische Akte (Uber Richter)”, un traballo de pintura do coruñés Daniel Cerecedo. Por último, os 1.000 euros do terceiro premio recaen na pontevedresa, Marta Bran, coa instalación “Picnic”. Este certame que é un dos máis consolidados e prestixiosos de Galicia conta con dous accésit de 500 euros cada un. O primeiro deles é para o pontevedrés Marcos Jesús Covela pola súa obra “Stock” e o segundo para unha pintura titulada “Horizonte”  do zamorano, Diego Benéitez. A Deputación de Ourense co obxectivo de promover e apoiar aos novos valores nos distintos ámbitos das artes plásticas, convoca o XIII Certame de Artes Plásticas destinado a premiar e difundir os traballos dos creadores máis novos.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →