Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

O Centro Dramático Galego representa ‘Xardín suspenso’ no Teatro Principal de Ourense do 16 ao 18 de maio

Por   /  12/05/2015 

    Imprimir       Email

image_gallery (1)

 

O Teatro Principal de Ourense acolle do 16 ao 18 de maio tres funcións do espectáculo ‘Xardín suspenso’, dirixido para o Centro Dramático Galego (CDG) por Cándido Pazó a partir da obra do autor portugués Abel Neves. As representacións para público xeral serán o sábado (20.30 h) e o domingo, Día das Letras Galegas (19.00 h), en tanto que o luns está programado un pase matinal especialmente dirixido a alumnos e alumnas de centros de ensino secundario da cidade e a súa comarca.

A montaxe foi presentada hoxe en Ourense pola directora do Teatro Principal, Olga Mojón, o director do CDG, Manuel Guede Oliva, o director de escena Cándido Pazó e a actriz Melania Cruz, esta última en representación dun elenco do que tamén forman parte César Cambeiro, Rocío González, Luisa Merelas, Santi Romay e Ana Santos.

Drama sobre a condición humana

Melania Cruz interpreta o papel de Lucía, a moza protagonista desta galardoada obra, pola que Neves obtivo en 2009 o Prémio Luso-Brasileiro de Dramaturgia António José da Silva, o máis importante dos certames de literatura dramática convocados no ámbito lusófono. ‘Xardín suspenso’ é un drama sobre a condición humana, o desamor e os sentimentos en estado puro, que indaga tamén nas tensións e contradicións das relacións familiares.

O escenógrafo Carlos Alonso deseñou para esta produción un xardín ao estilo zen –de area branca, desprovisto de plantas e sen apenas decoración– como un lugar onde se confunden paz e esterilidade. Trátase do agasallo que Lucía constrúe para o seu amado e serve, así mesmo, de metáfora do estado letárxico no que se somerxe a rapaza cando Mateo lle anuncia que casa con outra, crebando así o seu compromiso de amor adolescente. Mais o xardín reflicte tamén a incapacidade de reacción por parte da familia da protagonista diante dunha situación que altera a súa aparente normalidade e que se nos anuncia como unha traxedia inminente.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →