Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

O CHUO epicentro para a formación da formación docente en cirurxía abdominal

Por   /  20/02/2016 

    Imprimir       Email

O C.H. UNIVERSITARIO DE OURENSE SEDE NACIONAL PARA A FORMACIÓN DOCENTE EN CIRURXÍA ABDOMINAL

  • O Servizo de Cirurxía organizou onte un curso teorico-práctico ao que acuden cirurxans en formación e toda Galicia
  • O CHUO foi elixido pola Asociación Española de Cirurxáns (AEC) como unha das sedes a nivel nacional, e única en Galicia, para a realización deste curso

71183-620-282Cirurxáns en formación (MIR), de hospitais de toda Galicia, asistiron onte en Ourense ao “I Curso de peche da Parede Abdominal”, organizado polo Servizo de Cirurxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, para o que este centro foi seleccionado como unha das sedes a nivel nacional, e única en Galicia, pola Asociación Española de Cirurxáns (AEC).

Coa elección do CHUO como sede recoñécese a capacidade docente do seu Servizo de Cirurxía, referente na organización de xornadas e cursos eminentemente prácticos de referencia nacional, que permiten o seguemento en directo de disciplinas e técnicas punteiras na cirurxía abdominal, colo-proctolóxica, laparoscópica, gastroesofáxica, ou microcirurxía, disciplina na que o CHUO conta cunha Unidade de Microcirurxía Experimental acreditada a nivel internacional para docencia.

Pese a evolución cara a unha cirurxía minimamente invasiva, o acceso á cavidade abdominal continúa a ser unha vía de acceso clave, e imprescindible na formación das habilidades cirúrxicas dos futuros especialistas, polo que cursos como o de hoxe son imprescindibles para os médicos residentes, xa que a maioría de intervencións que terán que realizar ao longo sa súa carreira profesional son a través desta rexión, que aloxa o aparello dixestivo e os principais órganos nos que actúa a cirurxía xeral (fígado, vías biliares, esófago, páncreas, etc..)

Precisamente por elo, a aprendizaxe sobre a elección da área de incisión, seu tipo, e sobre as técnicas de peche da parede abdominal: técnicas de sutura, materiais, etc., é unha das primeiras e principais areas de formación, no primeiro ano de residencia dos futuros cirurxáns.

Para elo, xunto cos coñecementos teóricos sobre as distintas incisións e suturas, súas posibles complicacións e técnicas, neste curso os residentes (R1) realizarán prácticas supervisadas, para o que se empregarán paneis de piel sintética.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →