Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

O CHUO instala un innovador sistema de captadores solares para convertir o sol en fonte de enerxía eléctrica e térmica

Por   /  19/07/2015 

    Imprimir       Email

image_galleryA conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, visitou o venres o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense onde, en paralelo co avance das obras do novo edificio de hospitalización, vanse completando etapas nos distintos proxectos incluídos no Proxecto Hospital 2050 de innovación sanitaria, agora coa instalación e posta en marcha dun innovador sistema de captación solar para reconverter a luz do sol en enerxía térmica, que completa así o mix enerxético. Esta iniciativa enmárcase dentro do subproxecto Hospital Autosostible, adxudicada á empresa Ferrovial S.L. por un importe de case 2,7 millóns de euros.

O obxectivo é o aproveitamento biosostible de enerxías renovables, control dos consumos enerxéticos e redución das emisións á atmosfera de CO2, de cara a definir un novo modelo enerxético para os hospitais do futuro, respectuoso co medio ambiente e integrado coa súa contorna.

Así, no CHUO “conséguese un aforro do 15,26% de consumo de enerxía primaria e unha redución nas emisións de CO2 á atmósfera do 53,17% respecto ao modelo tradicional utilizado” informou a conselleira.

Para elo, e con este obxectivo xeral, tanto o novo edificio de hospitalización, como o resto do complexo, contarán cun mix enerxético que combinará fontes de enerxía solar fotovoltaiaca, de biomasa, de coxeración, enfriadoras, de absorción, ORC e solar térmica.

Estes proxectos de optimización do consumo enerxético representa unha oportunidade para reducir o gasto, permitindo redirixir o aforro e crear outras partidas que xeren valor engadido para os pacientes e os profesionais.

Neste senso, Mosquera subliñou que “nun complexo hospitalario tipo da nosa Comunidade, a factura enerxética oscila entre os 3 e os 8 millóns de euros. Considerando que a nosa rede asistencial conta con 14 hospitais e case 500 centros de saúde, a marxe de aforro parece clara”.

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →