Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

O Consorcio Provincial contra Incendios, constituído onte, ten como obxectivo homoxeneizar o servizo e cubrir todo o territorio provincial

Por   /  01/08/2015 

    Imprimir       Email

1Fachada Deputacin

 

O Consorcio Provincial de Ourense para o Servizo Contra Incendios e de Salvamento constituíuse onte no Pazo Provincial ourensán, un ente promovido polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, que ten como obxectivo “homoxeneizar o servizo e cubrir todo o territorio da provincia de Ourense, así como traballar coordinados deputación e Xunta para seguir mellorando en eficacia e xestión este importante servizo a prol dos cidadáns”, explicou o presidente do goberno provincial.

A orde do día da reunión incluía a constitución do consorcio, as eleccións do presidente e do vicepresidente, o nomeamento de secretario e interventor, entre funcionarios dos entes consorciados, e o informe sobre actuacións a seguir para a posta en funcionamento do consorcio. E tamén se decidiu que a presidencia do ente sexa rotatoria, cada dous anos, correspondéndolle esta responsabilidade na primeira quenda, ata o 31 de xullo de 2017, ao presidente da Deputación de Ourense.

Ademais de Manuel Baltar, tamén se elixiron os cargos de vicepresidente, que lle corresponderá a Luis Menor, director xeral de Emerxencias e Interior de la Xunta, e os representantes da Deputación de Ourense (Pablo Pérez Pérez, Francisco José Fraga Cibeira e Joaquín Bautista Prieto Rodríguez) e da Xunta de Galicia (Rogelio Martínez González e José Antonio Fernández López), asumindo provisionalmente os cargos de secretario e interventora os respectivos da Deputación de Ourense, Francisco Cacharro e Mónica Legaspi.

O obxectivo do Consorcio, que entrará en pleno funcionamento en xaneiro de 2016, é desenvolver competencias do servizo público de prevención, extinción de incendios e salvamento. Precisamente, o goberno provincial impulsou a coordinación dos consorcios dos parques de bombeiros da provincia para mellorar a súa xestión tanto administrativa como técnica e de intervención, a través da unificación deste entes no Consorcio Provincial contra Incendios.

Xunta de Galicia e Deputación de Ourense consideran que a forma máis eficaz e eficiente de xestionar os distintos parques comarcais é a través dun único consorcio, e consideran esta fórmula como a organización idónea para facilitar a integración tanto dos actuais consorcios comarcais de Valdeorras, Verín, A Limia e O Carballiño-O Ribeiro xa existentes, como daqueloutros que se puidesen integrar, constituír ou equipar. Desta maneira, os catro consorcios comarcais cos que conta a provincia de Ourense serán disoltos para a súa integración no consorcio provincial, e cada un achegará os medios técnicos e os recursos con que conta.

Manuel Baltar destacou que a creación do consorcio provincial “formaba parte do Plan Ourense 92 e supón unha moi boa nova para o ámbito das emerxencias na provincia de Ourense”, engadindo que as achegas para sufragar o seu funcionamento serán asumidas nun 40 % por parte do goberno provincial e nun 60 % por parte da Xunta de Galicia.

No vindeiro setembro o consorcio celebrará unha nova reunión para abordar as cuestións xurídicas e, de seguido, as xuntanzas terán lugar mensualmente, “todo elo co horizonte posto no 1 de xaneiro de 2016 que será cando entre en pleno funcionamento”, dixo Baltar.

Pola súa banda, Luis Menor destacou as “vantaxes organizativas, operativas e económicas que supón a creación dun consorcio provincial contra incendios, reducíndose os custes en 60.000 euros ao ano”.

O consorcio executará os labores de prevención, extinción de incendios e salvamento que se lles atribúen na lexislación aos entes consorciados, mediante a xestión e coordinación dos parques, para garantir a prestación homoxénea do servizo. Entre os fins do consorcio estará a colaboración cos servizos municipais de protección civil dos concellos para o salvamento de persoas e bens; a prevención e extinción de incendios; a prevención e actuación ante calquera tipo de sinistro ou situación de risco; e o asesoramento e asistencia, formación e información en materia de seguridade, que afecten a persoas, edificacións e instalacións; así como o fomento da auto-protección.

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →