Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, participou na presentación da IX Xornada sobre Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética

Por   /  16/06/2015 

    Imprimir       Email

RP Xornada enerxía renovables

 

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, participou onte a mañá na rolda de prensa que serviu de presentación da IX  Xornada sobre Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética que terá lugar o vindeiro xoves, día 18, no recinto feiral de Expourense.  Martínez destacou a importancia da promulgación e difusión do uso de enerxías limpas como eixo básico para o futuro enerxético de Galicia.

O delegado  territorial resaltou que este evento trátase “dunha aposta pola divulgación do uso das enerxías renovables e a eficiencia nun momento económico como o actual, no que reducir custos está presente tanto nas empresas como a nivel particular, xa que segundo estimacións da Comisión Europea, a eficiencia enerxética pode supor un aforro anual de 1.000 euros por familia”. Neste senso, lembrou que a Xunta de Galicia ten en marcha o Plan de Aforro e Eficiencia Enerxética nas Vivendas Galegas que busca “mellorar pautas de consumo e contribuír á diminución da factura enerxética das familias, que representan o 14% do consumo enerxético na nosa comunidade” asegurou Martínez. O novo plan chegará este ano a 2.800 fogares galegos e permitirá acadar un aforro económico de 3 millóns de euros ao ano, evitándose a emisión á atmosfera de máis de 10.000 toneladas de CO.

Rogelio Martínez afirmou que a eficiencia enerxética e o impulso das fontes renovables configúranse como dous dos piares básicos de actuación na política enerxética do Goberno galego. Neste senso, o máximo representante da Xunta subliñou tamén a aposta polas renovables, como xa se está a facer coa Estratexia integral de impulso da biomasa que permitirá este ano a instalación de 1.000 equipamentos de biomasa en familias, empresas e Administración galega.

RP Xornada enerxías renovables 1

 

“A eficiencia enerxética é unha redución do gasto constante no tempo que mellorará o noso posicionamento económico, a competitividade da nosa economía e o abaratamento dos custos de produción de todo aquilo que se faga na nosa comunidade, sen esquecer que tamén supón un aforro para o consumidor final” asegurou Rogelio Martínez, ao tempo que lembrou que Galicia foi a primeira comunidade española en facilitar a creación de clusters vencellados ás renovables como é o caso de Acluxega, de xeotermia ou Cruergal, de enerxías renovables. “Isto implica o compromiso non só con este tipo de enerxías senón coas empresas que apostan por elas”, indicou.

A xuntanza reunirá en Expourense a varios dos líderes mundiais nestas materias; expertos creadores de investigacións, metodoloxías e produtos que son o referente a seguir polos profesionais do sector. Esta xornada ofrecerá experiencias pioneiras procedentes de Alemaña, Holanda, Suecia e Suíza e Portugal, e complementarase coa presentación das iniciativas e liñas de axudas ás empresas do sector tanto do IGAPE como da Axencia Galega de Innovación,GAIN.

Estas xornadas, organizadas por Expourense, contan coa colaboración do IGAPE e a asesoría da empresa ourensá de investigación xeotérmica INGEO.

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →