Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

O libro ‘Vicente Risco, mestre de mestres’, presentado no C.C. Marcos Valcárcel

Por   /  13/11/2015 

    Imprimir       Email
  • A Deputación de Ourense presenta o libro Vicente Risco, mestre de mestres
Presentación do libro 'Vicente Risco, mestre de mestres'

Presentación do libro ‘Vicente Risco, mestre de mestres’

 

Na Sala de Prensa do Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense tivo lugar onte a presentación do libro Vicente Risco, mestre de mestres, obra do doutor en Pedagoxía Xosé Fernández. O acto contou coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do autor do libro; do responsable da sección de Educación da Fundación Vicente Risco, Xosé Cid; e do presidente da Fundación, Luís Martínez Risco. No mesmo acto presentouse tamén un avance das “Xornadas Pedagóxicas” 2016, que se celebrarán o ano próximo na Deputación de Ourense, “nas que se conmemorará o centenario do ingreso de Vicente Risco na Escola Normal de Maxisterio de Ourense e analizaranse aspectos das Irmandades da Fala e da renovación pedagóxica”, segundo apuntou Luis Martínez Risco.

Manuel Baltar afirmou que Vicente Risco, “é un nome con letras de ouro e un personaxe senlleiro da nosa cultura, como tamén outros membros da súa familia que fixeron e están a facer de Ourense un referente para falar de pensamento político e de cultura con maiúsculas”, e destacou a frase coa que comeza a publicación: “A galeguización da escola inda a custar traballo cando Galiza sexa autónoma”, escrita por Vicente Risco en “El Pueblo Gallego” en 1931″.

Pola súa banda, Xosé Cid subliñou o importante traballo que Vicente Risco fixo pola pedagoxía, afirmando que formou mestres “coñecendo a súa historia e o seu territorio” e que se Ourense ten fama de formar bos mestres “iso ten moito que ver coa pegada deixada por Vicente Risco coa súa pedagoxía de alto nivel”.

Finalmente o autor, Xosé Fernández, explicou que a obra “analiza a figura de Vicente Risco dende a súa perspectiva como mestre, profesión na que ingresou en 1916 e se xubilou en 1954”. “Pero a súa vida transcendeu e foi máis aló do profesorado, e temos importantes exemplos diso, como que foi fundador da revista Nós, a importante achega que supuxo o seu plan pedagóxico; abriu plataformas de comunicación como a sección “Artes e letras” no xornal La Región, e mesmo participou no que poderíamos definir como obradoiros de café, entre os que destaca o afamado “Volter”. Unha labor de sementeira pedagóxica que, sen dúbidas, foi máis aló da aulas”, afirmou Xosé Fernández.

A obra estrutúrase en sete capítulos ao longo de máis de 500 páxinas, nos que se fai unha pormenorizada análise da vida e do labor docente de Vicente Risco, explicando as etapas da súa crianza, escolarización, os anos de instituto e a época universitaria, como as cuestións relacionadas co Risco e a lingua, a literatura popular, o Risco no Seminario de Estudos Galegos e finalmente o Vicente Risco como formador de mestres.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →