Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

O número de propostas programadas no espazo Xove de Ourense duplicouse con respecto a 2011, acadando as 670 iniciativas

Por   /  22/06/2015 

    Imprimir       Email

xunta-de-galicia-300x135O Espazo Xove de Ourense rexistrou en 2014 unha das súas mellores cifras en canto á afluencia de solicitantes e de actividades programadas, duplicando as cifras de 2011. Dos 73.795 participantes nese ano, en 2014 alcanzáronse os 115.777, e a súa programación de servizos incrementouse tamén, pasando de 340 a 670 iniciativas desenvolvidas neste recinto xuvenil.

Este espazo está ao servizo de todos os grupos e asociacións xuvenís que soliciten as súas dependencias. Nos últimos catro anos foi escenario de 3.057 actividades nas que interviñeron 428.910 cidadáns, se ben esta cifra hai que entendela pensado en que moitas persoas participaron en máis dunha actividade ao longo de varios anos consecutivos.

A organización esixe un calendario e unha programación, polo que é preciso que os solicitantes presenten as súas peticións con dúas semanas de antelación para que se poida deseñar a axenda. Con este obxectivo creouse un posto de coordinación de actividades, para atender e garantir o uso das instalacións pola totalidade dos grupos xuvenís que o pidan.

No último ano, en 2014, o polideportivo é un dos espazos máis demandado, no que se practicaron 26 actividades deportivas con 33.504 participantes . Fútbol sala e voleibol son os deportes predominantes neste recinto.

Obradoiros, charlas, talleres e exposicións, así como teatro e danza, son outras das actividades cunha maior concorrencia. En canto ás apostas propias do Espazo Xove, máis de 17.000 persoas asistiron o ano pasado aos cursos de formación, en gran parte relacionados cos programas de educación non formal que forman o groso da programación da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

A Xunta, a través dos servizos de Xuventude da Consellería de Traballo e Benestar pretende que esta entidade sexa o punto de encontro de toda a mocidade ourensá, e considera que nos últimos tempos este espazo está máis aberto ao mundo xuvenil do que o estivera no pasado.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →