Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

O Sergas adxudica a obra de adaptación da azotea do novo edificio de hospitalización para a creación dunha cuberta verde de uso terapéutico

Por   /  07/11/2015 

    Imprimir       Email
  • O importe de adxudicación dos traballos ascende a máis de 198.000 euros e ten un prazo de execución de tres semanas
  • A obra enmarcase no subproxecto “Hospitalización Innovadora” do H2050 e permitirá dar un uso innovador a un espazo habitualmente sen uso no entorno hospitalario como as cubertas
  • Os traballos dotarán a cuberta do novo Edificio de Hospitalización, actualmente en construción, con espazos verdes e zonas de uso terapéutico e relaxación

SERGASO DOG publicau onte a resolución da Dirección de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde pola que se anuncia a contratación da obra de execución dos “Hortos Terapéuticos” na cuberta da Fase I do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (novo Edificio de Hospitalización) por un importe de 198.162,89 € que permitirá dar un uso terapeútico e asistencial innovador a un espazo, habitualmente sen uso no entorno hospitalario, no que constituirá a primeira experiencia destas características a nivel europeo.

A obra consiste na adaptación da cuberta do novo Edificio de Hospitalización do CHUO, actualmente en construción, dotando esta con espazos verdes e zonas de uso terapéutico, descanso e relaxación, dividíndoa en distintas áreas: de estanza, de equipos biosaudables, hortos terapéuticos e área de potenciación dos sentidos. Tanto os profesionais como os usuarios terán así a súa disposición un espazo aberto, integrado no entorno hospitalario, que asemesmo dará cabida a distintos proxectos de investigación e innovación sanitaria.

A superficie construída onde se enmarcarán as obras da nova cuberta verde é de 1.514,09 m2, cun prazo de execución de tres semanas, quince días hábiles.

Esta actuación forma parte da execución do Proxecto Hospital 2050, enmarcándose en concreto dentro do subproxecto “Hospitalización Experimental”, que se está a desenvolver no marco do convenio asinado co Ministerio de Economía e Competitividade, dentro do obxectivo estratéxico de modernización das infraestruturas e aplicación de I+D. Ademais, levarase a cabo aproveitando os recursos procedentes da Unión Europea (cofinanciado polo FEDER nun 80%).

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →