Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

O termalismo: aposta económica e social

Por   /  12/07/2016 

    Imprimir       Email
  • Feijóo reivindica o termalismo como unha aposta económica e social, e lembra que xa están executadas o 40% das actuacións contidas no Plan Ourense Provincia Termal
  • Salienta que a nosa Comunidade é toda unha potencia nun sector, o do termalismo, que ten a capacidade de xerar 1.400 postos de traballo e un retorno económico de arredor de 60 millóns de euros ao ano
  • Destaca a función social e ambiental que desempeña esta actividade termal nas denominadas “vilas termais”
  • Reivindica a importancia de traballar para que as seleccións deportivas se preparen nos balnearios galegos. “É unha liña de atracción económica moi importante para o sector”
  • Manuel Baltar afirma que a transcendencia que o termalismo ten para a “marca Ourense”, así como a implicación de institucións, administracións e da iniciativa privada, referéndase nesta reunión, onde renovamos o noso compromiso con este sector estratéxico da nosa economía”
  • O presidente do goberno provincial destaca o “protagonismo termal” que a provincia de Ourense ten no ámbito nacional con iniciativas innovadoras como o “Termalismo Deportivo”, o “Termalismo Social”, ou mesmo infraestruturas como a primeira piscina termal fluvial
  • Baltar afirma que a Deputación de Ourense destina cada ano máis dun millón de euros a termalismo e pide aos concellos termais a súa implicación para que nos seus orzamentos tamén figure “unha partida para termalismo”, para que entre todos promovamos un eixe estratéxico de desenvolvemento da nosa economía

0 0 MB e Consello Termal 02

 

O titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou onte, durante á reunión do Consello Termal Ourensán, o valor económico e social do termalismo, e lembrou que xa están executadas ou completadas 31 das 71 actuacións previstas no Plan Ourense Provincia Termal, máis do 40% do total.

A este respecto, sinalou que a xuntanza de traballo do Consello Termal que tivo lugar hoxe constitúe un paso máis na consolidación dun sector polo que o Goberno galego vén apostando desde o 2014, e que se materializa no dito plan.

Neste senso, indicou que o Plan Ourense Provincia Termal está dotado cun investimento autonómico de case 6 millóns de euros, dos que a maior parte foron dedicados a crear novas infraestruturas ou a mellorar as xa existentes. Así, o mandatario galego citou como exemplo, a mellora do acceso ao balneario de Lobios e o acondicionamento da ruta do río Caldo, a liña de axudas Q de Calidade Turística, a viñoterapia en Leiro, o balneario de Cortegada, a piscina flotante termal de Laias, o programa “Benestar en Balnearios” ou a ruta da Auga en Verín. “Grazas ao plan estamos dando os pasos necesarios para que Ourense se consolide nesta década como provincia termal de España”, insistiu.

“A nosa aposta polo termalismo ten máis de pragmático que de romántico”, aseverou, ao tempo que reivindicou a función social e ambiental que desempeña esta actividade nas sinalizadas como “vilas termais”. Ademais, subliñou a importancia de traballar para que as seleccións deportivas se preparen nos balnearios galegos. “É unha liña de atracción económica moi importante para o sector e a provincia ourensá está dando pasos para consolidarse neste ámbito”, dixo.

Deste xeito, lembrou que a nosa Comunidade é toda unha potencia nun sector, o do termalismo, que ten a capacidade de xerar 1.400 postos de traballo e un retorno económico de arredor de 60 millóns de euros ao ano. “Con máis dunha vintena de balnearios, Galicia é a primeira comunidade de España en cantidade, pero tamén en calidade”, engadiu.

O responsable autonómico fixo tamén referencia durante a súa intervención aos distintos proxectos e iniciativas que puideron ser desenvolvidos na cidade e no seu entorno grazas ao gran consenso institucional acadado. Entre eles, destacou a creación do Campus Auga e a posta en marcha do Club do Produto Turístico da Auga de Galicia.

E, por último, amosouse convencido de que, a través destas iniciativas e coa colaboración e cooperación institucional entre as diferentes administracións, faremos da provincia de Ourense e de Galicia unha terra máis “próspera e saudable”.

0 0 MB e consello termal jul16

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, destacou,  a transcendencia que o termalismo ten para a “marca Ourense”, así como a implicación de institucións, administracións e da iniciativa privada, “que se referenda nesta reunión, onde renovamos o noso compromiso con este sector estratéxico da nosa economía”. O presidente do goberno provincial destacou o “protagonismo termal” que a provincia de Ourense ten no ámbito nacional con iniciativas innovadoras como o “Termalismo Deportivo”, o “Termalismo social”, ou mesmo infraestruturas como a primeira piscina termal fluvial. A Deputación de Ourense destina cada ano máis dun millón de euros a termalismo e, neste sentido, Baltar pediu aos concellos termais a súa implicación para que nos seus orzamentos tamén figure “unha partida para termalismo”, “para que entre todos promovamos un eixe estratéxico de desenvolvemento da nosa provincia, porque sexan poucos o moitos cartos, o importante é que a palabra “termal” figure nos orzamentos dos concellos”.

Manuel Baltar agradeceu a presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, no Consello Termal, “o que lle dá unha especial relevancia a esta reunión”, e destacou o labor que conxuntamente están a realizar Deputación de Ourense e Xunta de Galicia no desenvolvemento do plan termal. Tamén agradeceu o presidente provincial a implicación das administracións, institucións e da iniciativa privada “para impulsar entre todos un dos eixes estratéxicos da economía ourensá: o termalismo”.

Baltar tamén se referiu á especialización universitaria de Ourense coa posta en marcha do “Campus da Auga”, e do plan de termalismo social, que fai posible, grazas ao acordo co Ministerio de Fomento a través de Renfe, “que teñamos unha ocupación do cen por cen dos nosos balnearios, favorecendo unha oferta innovadora e atractiva desde o punto de vista de ocio e descanso, que se articula desde 40 estacións ferroviarias de España que conectan aos visitantes termais con Ourense”.

En canto ás novas infraestruturas termais, Manuel Baltar falou da piscina termal fluvial de Laias, que entrará proximamente en funcionamento, ou a experiencia de “Viñoterapia”, que se desenvolverá en Leiro co apoio da Deputación de Ourense e da Xunta de Galicia, e explicou que o posicionamento do termalismo ourensán e a promoción da “Marca Ourense” “veranse favorecidos con eventos como a “Vuelta 2016” e coa participación da Deputación de Ourense en Partenalia, a asociación europea dos gobernos locais intermedios, e a entrada na asociación europea de cidades termais e a volta á sección de vilas termais da FEMP, “onde proporemos, como xa anunciei, liderar desde Ourense un gran pacto termal en España, para que o termalismo teña o peso dentro da economía e do turismo que ten noutros países”.

Todo este temas teñen, segundo Baltar, o obxectivo de seguir medrando como provincia no aspecto termal, como xa se constata no ámbito do “termalismo deportivo”, un concepto que impulsamos desde a Deputación de Ourense e que a son unha realidade en Laias ou en Castrelo de Miño, no Parque Náutico de Galicia, onde as mellores seleccións do mundo adestran e preparan os campionatos do mundo e os xogos olímpicos”.

Manuel Baltar tamén destacou a importancia e o peso que os termos “termalismo” e “Deputación de Ourense” teñen no ámbito nacional, “o que se pon de manifesto na presentación que tivo lugar en Madrid do estudo de Turismo Termal en España, patrocinado polo Ministerio de Industria, que foi elaborado por Mario Crecente, redactor do Plan “Ourense, a provincia termal”. Iso tamén posiciona a “marca Ourense” e fai que hoxe esteamos aquí en Lobios avaliando todos estes aspectos salientables para o termalismo en Ourense e renovando o noso compromiso con este sector estratéxico da nosa economía”.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →