Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

O tren turístico da Ruta do Viño da Ribeira Sacra realizou onte a súa viaxe inaugural completo

Por   /  05/07/2015 

    Imprimir       Email

image_gallery  

‘Galicia, a todo tren’ é o programa de trens turísticos de Galicia que un ano máis Turismo de Galicia pon en marcha no verán e que este fin de semana inicia a súa andaina na Ruta do Viño Ribeira Sacra.

Así, onte o tren da Ribeira Sacra partiu ás 9.40 horas da estación de Ourense e os viaxeiros chegarán a esta mesma estación ás 20.56 horas, logo de pasar a xornada nos territorios da Denominación de Orixe Protexida Ribeira Sacra e os Canóns do Sil.

Ademais, esta fin de semana volven a percorrer o norte e o sur de Galicia o tren da Ruta dos Faros e o da Ruta do Viño das Rías Baixas.

Este programa, promovido por Turismo de Galicia en colaboración con Renfe e o Inorde, inclúe rutas turísticas en tren pola Ruta dos Faros, pola Ruta dos Pazos e Xardíns históricos, e polas cinco Rutas do Viño das Denominacións de Orixe vitivinícolas galegas.

Este proxecto turístico pioneiro celebra xa a súa terceira edición, incluíndo para este ano novos produtos e melloras nas sete rutas turísticas que incorporan novos atractivos.

Esta iniciativa innovadora que proporciona ao viaxeiro un novo modo de descubrir algúns dos recursos turísticos máis singulares de Galicia, rexistrou na pasada edición máis de dous mil viaxeiros e unha ocupación media do 82%, alcanzando a ruta que hoxe inaugurase e a de Valdeorras-Ribeira Sacra unha ocupación do 100%.

E neste ano estanse cumprindo datos aínda mellores xa que para esta fin de semana tanto o tren da Ruta do Viño da Ribeira Sacra, que comezaba hoxe a súa viaxe, como o tren da Ruta dos Faros viaxaron completos.

 

Ruta do Viño da Ribeira Sacra No tren turístico da Ribeira Sacra os pasaxeiros saen de Ourense e percorren o traxecto Ourense-Os Peares. Alí visitan a estación do tren e a Aula do Ferrocarril. Despois percorren o traxecto Os Peares-Canabal e dende aquí trasládanse en autobús a Doade.

O percorrido continúa no tren motorizado Aba Sacra para facer unha visita a Adega Regina Viarum, onde os viaxeiros poden participar nunha degustación de viño. Despois trasládanse en autobús ata Monforte de Lemos e visitan o Centro de Interpretación do Viño da Ribeira Sacra.

De alí, percorren en tren, tras o xantar, o traxecto ata Santo Estevo de Sil onde degustarán unha queimada e disfrutarán dun paseo en Catamarán. Dende a estación de Santo Estevo percorrerán o traxecto de volta a Ourense.

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →