Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda entregou onte cinco vehículos destinados á Policia Local dos concellos de Allariz, Barbadás, Celanova e Maceda

Por   /  31/07/2015 

    Imprimir       Email

image_galleryO vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda entregou onte cinco vehículos destinados á Policia Local dos concellos de Allariz, Barbadás, Celanova e Maceda.

O acto tivo lugar na sede da Policia Autonómica en Ourense, e contou coa presenza do delegado territorial na provincia, Rogelio Martínez. As entregas destes vehículos, que comezaron o pasada semana na provincia da Coruña, estanse a realizar ao abeiro dunha orde de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, dotada de máis de un millón de euros.

Con esta entrega de hoxe, rematan a entrega destes 48 vehículos a concellos da nosa comunidade, e deste modo refórzanse e mellóranse os servizos de seguridade e de xestión de emerxencias de Galicia. No acto de entrega, Rueda destacou a importancia desta dotación por parte da Xunta, que permite mellorar os medios técnicos e a mobilidade destes corpos locais, e polo tanto prestar un servizo mellor e máis rápido á cidadanía.

Así, foron entregados na provincia da Coruña, vehículos aos concellos de Arteixo, Bergondo, Betanzos, Camariñas, Cambre, Cedeira, Laracha, Malpica de Bergantiños e Oleiros, ademais dos concellos de Ames, Boiro, Carnota, Cariño, Cee, Corcubión, Fisterra, Melide, Muros, Ordes, Oroso, Porto do Son, Ribeira e Teo.

Na provincia de Pontevedra foron entregados este tipo de vehículos á Policía Local dos concellos Bueu, Caldas de Reis, Cambados, A Estrada, Mondariz, As Neves, Poio, Tomiño, Vila de Cruces e Vilagarcía de Arousa, ademais dos concellos de Moaña, Porriño, Salceda de Caselas, Salvaterra do Miño e Soutomaior

Ademais, de cinco novos vehículos aos corpos de Policía Local dos concellos lucenses de Burela, Guitiriz, Monforte de Lemos, Ribadeo, Sarria e Vilalba, e hoxe con esta entrega de cinco vehículos destinados á Policia Local dos concellos de Allariz, Barbadás, Celanova e Maceda.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →