Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Obras de asfaltado na ponte do Milenio

Por   /  01/11/2016 

    Imprimir       Email
  • A ponte do Milenio, en Ourense, permanecerá pechada unhas horas mañá mércores para executar obras de asfaltado
  • A Consellería de Infraestruturas e Vivenda prevé que os traballos comecen pola tarde do día 2 de novembro e queden rematados na mañá do xoves, día 3, para poder restablecer o tráfico
  • Con estes traballos quedarán totalmente rematadas as obras de reforma iniciadas no verán para devolverlle a funcionalidade a esta infraestrutura emblemática da cidade das Burgas
Mapa do treito no que se vai traballar

Mapa do treito no que se vai traballar

 

A Xunta pechará dende a tarde do mañá mércores, día 2 de novembro, ata primeiras horas do día seguinte, xoves 3, o tráfico na ponte do Milenio, en Ourense, para levar a cabo a execución do asfaltado. Concretamente os traballos consistirán na reparación da capa de rodadura do aglomerado entre a ponte do Milenio e a rotonda da estatua Nexus, na avenida Pardo de Cela. A actuación tamén comprende o asfaltado dos 2 ramais que unen esta glorieta coa estrada N-120.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda coordinouse co Concello de Ourense, concretamente coa Policía Local, que se vai encargar do establecemento do corte e dos desvíos.

Coa fin de axilizar ao máximo as obras e reducir a afección ao tráfico prevese traballar primeiro nos 4 carrís da ponte. Unha vez finalizados estes traballos, e xa entrada a noite, procederase a traballar en cada un dos ramais. Segundo as previsións dos técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas o tráfico recuperará a súa normalidade pola zona a primeira hora do xoves, día 3.

Con estes traballos de asfaltado quedarán totalmente rematadas as obras de mellora que o departamento autonómico dirixido por Ethel Vázquez executou na ponte do Milenio e que consistiron no selado de fendas e a eliminación da corrosión da estrutura; a mellora e impermeabilización do seu taboeiro; e tarefas de conservación, de retirada de vexetación, canalización das augas ou a reparación do sistema de iluminación.

Estas actuacións, cun investimento de preto de medio millón de euros e que comezaron en xullo, tiveron por obxecto poñer a punto e devolver toda a funcionalidade a unha infraestrutura estratéxica para a cidade, desde o punto de vista da mobilidade, pero tamén con atractivo turístico, por canto ofrece unha visión panorámica da cidade, da que senten convertido nun elemento representativo da cidade.

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

Papá Noel conectará a través de videoconferencia con mais de 1.600 nenos e nenas

Leer mas →