Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Os monolitos que lembrarán ‘La Vuelta’ 2016

Por   /  05/08/2016 

    Imprimir       Email
  • Un monolito lembrará que Ourense será a protagonista da 71ª edición de “Vuelta a España”
  • Manuel Baltar destacou que esta iniciativa “trata de conmemorar este fito que marcará un antes e un despois na historia da provincia e que permitirá mostrarnos ao mundo”
Manuel Baltar, Gabriel Alén  e José Manuel Rodríguez

Manuel Baltar, Gabriel Alén e José Manuel Rodríguez

 

A Deputación de Ourense conmemora que a provincia de Ourense será a protagonista da 71ª edición de “Vuelta a España”, cun monolito nos Concellos de Cenlle, Nogueira de Ramuín, Castrelo de Miño e Maceda, municipios polos que transcorrerá esta competición, así como no Concello de Arnoia, onde se celebrará a gala de presentación dunha das probas ciclistas máis importantes do mundo, “Vuelta a España”. Onte foi a quenda para o Concello de Cenlle, municipio que será o escenario da saída desta competición, e que desde onte, xa conta cun monolito que lembrará este feito. Así o informou onte en Laias, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, xunto ao xerente do Inorde, Jose Manuel Rodríguez; e o alcalde do Concello de Cenlle, Gabriel Alén.

Manuel Baltar destacou que esta iniciativa “trata de conmemorar este fito que marcará un antes e un despois na historia da provincia e que permitirá mostrarnos ao mundo”.

Baixo o lema “Ourense Termal-Madrid”, esta proba ciclista disputará catro etapas en territorio ourensán, que terá como puntos de saída e de chegada, os Concellos de Cenlle, Nogueira de Ramuín, Castrelo de Miño e a capital ourensá. Asemade, a presentación de equipos da carreira terá lugar en Arnoia. A primeira etapa será unha crono entre Laias e o Parque Náutico de Castrelo de Miño, ambas vilas termais. A segunda etapa terá a súa saída na cidade de Ourense, a capital termal de Galicia. A sexta etapa terá como meta a localidade de Luíntra, en plena Ribeira Sacra; e a sétima etapa sairá de Maceda, vila ciclista por excelencia.

Trátase dun evento deportivo que terá un retorno económico que suporá en cinco días uns ingresos mínimos na provincia de Ourense de 2 millóns de euros, no que atinxe á hospedaxe, manutención, combustible e demais gastos que ocasiona a presenza das 2.500 persoas que integran a caravana da “Vuelta a España”, entre ciclistas, técnicos, persoal de apoio e de organización, seguridade e medios de comunicación, que contan xa con 1.198 xornalistas, fotógrafos e técnicos acreditados.

Asemade, en canto ao impacto mediático e promocional, prevese que a audiencia total estimada en España é de 2,3 millóns de espectadores, mentres que no ámbito internacional, o ano pasado 390 millóns de persoas de todo o mundo seguiron a “Vuelta a España” en 190 países, sendo os máis destacados desde o punto de vista promocional Portugal, Francia, Bélxica, Holanda, Noruega, Dinamarca, Italia, Estados Unidos e Canadá.

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →