Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Os premios “Comercio con talento” distinguen o establecemento ourensán La Torta

Por   /  23/08/2015 

    Imprimir       Email

alberto nunez feijoo preside a reunion do consello da xuntaA directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, entregou onte á mañá o premio ao establecemento La Torta, gañador en Ourense do certame “Comercio con talento”, unha iniciativa da Consellería de Economía e Industria coa que se busca impulsar a innovación e o emprendemento no sector comercial galego, ao tempo que se favorece o coñecemento e o contacto do alumnado de formación profesional co sector e a súa realidade, complementando así a súa formación.

Na iniciativa, que en Ourense se desenvolveu no CIFP Portovello e na Escola de Formación Profesional Santo Cristo, participaron alumnos dos ciclos formativos de grao medio de Comercio e do grao superior de Xestión comercial e marketing de toda Galicia, que propuxeron as candidaturas dos negocios que, ao seu xuízo, son os máis innovadores da súa zona. Un xurado especializado escolleu posteriormente aos diferentes negocios gañadores, e os alumnos que propuxeron a súa candidatura reciben premios para mercar no comercio local. No caso de La Torta, foron propostos por un equipo de alumnos do Ciclo Medio de Comercio da Escola de Formación Profesional Santo Cristo de Ourense: Laura Blanco Fernández, Antía García Vila e Andrea Río Álvarez.

La Torta destaca polos seus produtos estrela: as tortas de nata, chocolate e do Peregrino. Este establecemento, rexentado desde hai pouco máis dun ano por Chus Troncoso, ofrece degustar outros produtos típicos da gastronomía galega como poden ser as bicas, ben sexan de pistacho ou de améndoa, as empanadas ou calquera outro tipo de biscoito.

Como complemento ao premio “Comercio con talento” desenvolveuse un concurso autonómico de fotografía co obxectivo de convidar á cidadanía a reflexionar sobre o talento nos establecementos, en eidos como o escaparatismo, a selección de produtos á venda ou o packaging, no que foron recoñecidas dúas propostas ourensás. Así, Diana Torres Cambronero conseguiu o segundo premio deste concurso, dotado con 250 euros para mercar no comercio local, grazas á súa fotografía do comercio ourensán Kira Original. Por outra banda, a gañadora do quinto galardón, dotado con 50 euros, foi Ana Belén Iglesias López, que presentou unha fotografía da tenda de moda Teresa Fontao situada no concello ourensán de Barbadás.

A posta en marcha de “Comercio con talento”, que conta coa colaboración de Abanca, enmárcase na estratexia de impulso ao sector comercial da Consellería de Economía e Industria, que ten en marcha o Plan Estratéxico de Impulso ao Comercio de Galicia 2015-2020. Esta folla de ruta, que suma 70 millóns en recursos públicos, busca incrementar nun 15 % os emprendedores que traballan no sector e triplicar a porcentaxe de establecementos que venden na internet, entre outros obxectivos.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →