Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Ourense acolle o domingo o espectáculo “A Frauta Máxica do Maxín” con marionetas de fíos e música de ópera en directo

Por   /  29/09/2016 

    Imprimir       Email
  • Será no Auditorio Municipal de Ourense a partires das 12 do mediodía

a-frauta-maxica-no-maxin-os-monicreques-de-kukas

 

O próximo 2 de outubro, domingo, o Auditorio Municipal de Ourense acollerá, as 12 do mediodía, o espectáculo “A Frauta Máxica no Maxín”, de Os Monicreques de Kukas  e Zoar Ensemble.

Estes artistas parten da versión musical para instrumentos de vento da ópera de Mozart. Crean conxuntamente unha obra a modo de retablo  na que utilizan as marionetas de fíos e a música tocada en directo para representar as escenas principais da ópera, e introducen unha personaxe real que recorda un Mozart actual que, ó mesmo tempo que é o narrador da historia representada, achega ó espectador ó proceso de creación musical, nese intre no que o compositor, a partires dun libreto, inventa a música …

E todo elo en clave de humor, buscando a complicidade co público, preferentemente maiores de 6 anos.

Así o explican os protagonistas deste espectáculo, dirixido por Isabel Rey Pousada, que xa foi estrenado hai algo máis dun ano en A Coruña cun recibimento moi positivo da crítica e o público.

Cartel

 

 

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →