Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

“Ourense é a capital do termalismo, con Termatalia como escaparate” Manuel Baltar

Por   /  24/09/2015 

    Imprimir       Email
  • O presidente do goberno provincial participou no acto de inauguración da 15ª edición da feira termal máis importante do sector, xunto ao ministro de Sanidade, Antonio Alonso.
  • O ministro de Sanidade destacou á provincia de Ourense como “un referente nacional e internacional no ámbito do termalismo, cunha oferta termal moi difícil de igualar”.
  • Coa participación de 25 países, cerca de 300 expositores e Arxentina como convidado especial, Termatalia fomentará o intercambio de experiencias entre continentes desde un punto de vista empresarial, institucional e social.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, dixo hoxe no acto de inauguración da 15º edición da Feira internacional de turismo termal, saúde e benestar “Termatalia” 2015 que estes días “Ourense é a capital termal do mundo e ten a Termatalia como escaparate”, destacando que este certame, o máis importante no seu sector, “é un evento perfectamente consolidade e unha mostra do excelente traballo que se realiza en Expourense”.

O presidente do goberno provincial participou no acto de inauguración xunto ao ministro de Sanidade, Antonio Alonso; o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; a secretaria de Turismo de Galicia, Nava Castro; o presidente do comité organizador, Juan Carlos Parada; o secretario de Turismo de Santiago del Estero (Arxentina), Rubén Ricardo Sosa; o presidente do comité asesor, Miguel Mirones, e o director xerente de Expourense, Alejandro Rubín.

Manuel Baltar tivo palabras de benvida para o ministro de Sanidade e para os visitantes que estes días se achegan a Ourense, e destacou a importancia de que “en pouco tempo poderase chegar por medio da Alta Velocidade á nosa provincia, capital da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, e iso incrementará sen dúbidas o atractivo da nosa terra e as potencialidades que temos”, entre as que citou ao termalismo “como motor e un dos eixes estratéxicos da economía ourensá”. O presidente da Deputación dixo sentir gran satisfacción por recibir a visita de todos en Ourense, “a provincia termal, a que conta con máis concellos e vilas balnearias de España, e na que estamos a desenvolver conxuntamente coa Xunta de Galicia o Plan termal provincial”.

1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 MB e term152

Manuel Baltar concluíu felicitando tamén aos organizadores do I Congreso Internacional da Auga, que se está a celebrar en Expourense, promovido polo Campus de Ourense. “Todo elo fai que Termatalia sexa estes días o escaparate de Ourense para o mundo, algo que todos temos que promover e potenciar”.

Coa participación de 25 países, cerca de 300 expositores e Arxentina como convidado especial, Termatalia fomentará o intercambio de experiencias entre continentes desde un punto de vista empresarial, institucional e social, que terá lugar entre hoxe e o vindeiro sábado, con presenza masiva de representantes de América Latina e Europa.

Nesta edición, o salón do termalismo cumpre seu décimo aniversario como certame de carácter internacional, segundo destacou seu principal impulsor e xerente de Expourense, Alenjadro Rubín. Asemade, Jesús Vázquez e Nava Castro coincidiron en afirmar a fortaleza de Ourense como referente termal, “unha terra de auga, que é a nosa esencia, terra que xunto co resto de Galicia engloba máis de 300 mananciais”, dixo Nava Castro.

Alfonso Alonso destacou á provincia de Ourense como “referencia no termalismo, tanto en España como no ámbito internacional, algo que desde o Goberno seguiremos apoiando porque termalismo é sinónimo de saúde e calidade de vida”. Tamén avanzou Alonso que no consello de ministros de mañá venres aprobarase o Programa do Imserso para 2016, que terá, dixo, unha dotación de 36 millóns de euros e un impacto económico de 124 millóns de euros, afirmando que haberá un incremento de 2.200 novas prazas, “sendo Galicia a comunidade autónoma que participa con máis forza neste programa, cunha oferta por parte da provincia de Ourense moi difícil de igualar”.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →