Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

“Ourense ICC Week” 2016, á provincia epicentro das últimas tendencias audiovisuais

Por   /  11/05/2016 

    Imprimir       Email
  • Arrancou a “Ourense ICC Week” 2016, que sitúa á provincia na vangarda da creatividade audiovisual
  • Manuel Baltar dixo no acto de inauguración que a provincia de Ourense “será esta semana o centro do debate do panorama creativo no ámbito das últimas tendencias audiovisuais”
  • O relatorio co que comenzou a ICC Week, referido a “Turismo laranxa” analizou un novo concepto turístico baseado na cultura e na creatividade, a cargo do coordinador do Laboratorio de Patrimonio e Turismo Cultural da Universidade de Barcelona, Jordi Tresserras
Jordi Tresserras e Manuel Baltar na presentación

Jordi Tresserras e Manuel Baltar na presentación

 

A provincia de Ourense sitúase na vangarda da creatividade audiovisual co comezo da segunda edición da “Ourense ICC Week”, a Semana das Industrias Culturais e Creativas, que organiza a Deputación de Ourense. A inauguración do evento tivo lugar onte a tarde no Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, onde o presidente da Deputación, Manuel Baltar, dixo que a provincia de Ourense “será esta semana o centro do debate do panorama creativo no ámbito das últimas tendencias audiovisuais”. Así mesmo, o coordinador do Laboratorio de Patrimonio e Turismo Cultural da Universidade de Barcelona e director de Red Ibertur, Jordi Tresserras, ofreceu un relatorio sobre “Turismo laranxa, cultura e creatividade para un novo concepto de turismo”.

Manuel Baltar explicou que esta nova edición comeza cun relatorio sobre “turismo laranxa”, que “é aquel que está vencellado a un sector económico que ten como base o sector cultural”. As actividades programadas no marco da ICC Week continuarán a desenvolverse ata o 14 de maio en distintos puntos da provincia de Ourense, “conxugando a tradición dos enclaves que acollen os eventos coa modernidade dos temas que se expoñen”, sinalou o presidente da Deputación de Ourense.

David Rowan, redactor xefe da revista Wired UK, é un dos destacados participantes no evento. A el únense, no apartado do ICC Fest, as actuacións de Iván Ferreiro, no Teatro Principal, Iván Ferreiro, e o grupo Love of Lesbian, que ofrecerá un concerto o 14 de maio no Pazo dos Deportes Paco Paz.

Durante a semana das Industrias Culturais e Creativas debaterase “sobre o último en televisión, música, cine e ámbito dixital. Ourense é unha provincia traballadora, creativa e emigrante, e con esta “ICC Week” poñemos á nosa provincia no mapa da creatividade, con convidados de renome mundial”, afirmou Manuel Baltar.

No seu relatorio, Jordi Tresserras explicou que o turismo laranxa “é unha modalidade de turismo sostible, xeradora de desenvolvemento cultural, económico e social, que trae consigo o impulso da produción artística a das industrias creativas”. En alusión á provincia ourensá, sinalou que Ourense “é un territorio creativo e combina tradición con innovación, e que agora necesita activarse como destino laranxa e facerse un espazo no mapa dos destinos de turismo cultural e creativo, xerando así oportunidades para a comunidade, especialmente para os mozos”.

Programación

En canto á programación prevista hoxe mércores, 11 de maio, pola mañá, no Mosteiro de Celanova, abordarase o tema do futuro da música nas plataformas dixitais, onde intervirán: David Pedrouzo, xestor cultural e programador, que actuará como moderador; Almudena Heredero, directora Primavera Pro; Iván Ferreiro, músico, compositor e cantante; Teresa Navajas, de Radio Gladys Palmera; Manuel Aguilar, presidente da Fundación SGAE, produtor e músico; e Javier Liñan, director do selo O Volcán.

Na xornada da tarde, o tema a tratar será o “entretemento e creatividade, matrimonio perfecto en TV”, no que participarán: Eva Tovar, directora TV, Got Talent Mediaset/ Tele 5 España; e Giampaolo Manfreda, director de Vergüenza Ajena/ Ridiculousness para MTV.

Posteriormente, ás 21.30 horas, o cantante e compositor, Iván Ferreiro, ofrecerá un concerto en acústico no Teatro Principal da Deputación de Ourense.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →