Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Ourense protagonista indubidable de ‘La Vuelta’ 2016

Por   /  09/01/2016 

    Imprimir       Email
  • Na 71ª edición da proba ciclista disputaranse catro etapas en territorio ourensán
Manuel Baltar e Javier Guillén na presentación da Vuelta a España 2016

Manuel Baltar e Javier Guillén na presentación da Vuelta a España 2016

 

A presentación da “Vuelta a España” 2016 que tivo lugar hoxe no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela onde se desvelaron todos os detalles do percorrido onde se deixou claro o indubidable protagonismo que terá a provincia de Ourense nesta proba deportiva. “A propia denominación “Ourense Termal-Madrid” alude ao noso papel como berce da 71ª edición da proba ciclista” asegurou o presidente da Deputación de Ourense.

Ourense será a provincia protagonista da “Vuelta a España” 2016 coa disputa de catro etapas en territorio ourensán, que terá como puntos de saída ou chegada os concellos de Cenlle, Arnoia, Nogueira de Ramuín, Castrelo de Miño e a capital ourensá. Manuel Baltar destacou que “este é o resultado dun traballo intenso dos últimos anos, encaixando na filosofía Ourense Deporte do Plan 15-19 de xestión e estratexia operativa da Deputación de Ourense”.

A “Vuelta a España” é un evento que xunto co Tour de Francia e o Giro de Italia configuran “as carreiras ciclistas máis importantes do mundo, sendo seguida por máis de 150 países e do que a organización estima que terá un retorno económico mínimo de 1,7 millóns de euros para a provincia de Ourense”, afirmou o presidente do ente provincial.

A presentación de equipos da proba ciclista será en Arnoia, a primeira crono entre Laias (Cenlle) e o Parque Náutico de Castrelo de Miño (dúas vilas termais); a segunda, que terá a saída na cidade de Ourense (a capital termal de Galicia); a sexta terá como meta a localidade de Luintra (en plena Ribeira Sacra); e a sétima sairá de Maceda (vila ciclista por excelencia). En total, serán “catro etapas ourensás e un gran impacto mediático e promocional nos máis de mil millóns de espectadores dunha das probas ciclistas máis importantes do mundo”, destacou Manuel Baltar.

A Deputación de Ourense e a “Vuelta a España” 2016 son “cooperadores necesarios e o noso territorio terá un gran escaparate ao mundo o próximo mes de agosto”, manifestou o presidente da Deputación de Ourense.

Manuel Baltar na presentación da Vuelta a España 2016

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →