Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Ourense reunirá expertos na figura de San Martín de Tours nun congreso internacional

Por   /  18/05/2016 

    Imprimir       Email
  • Un congreso internacional reunirá en Ourense a expertos na figura de San Martín de Tours, conmemorando 1.700 anos do seu nacemento
  • A Deputación de Ourense e o Bispado organizarán este evento que ten como obxectivo afondar na historia medieval e na evolución do cristianismo da provincia de Ourense
Manuel Baltar, na reunión que mantivo co bispo de Ourense, Leonardo Lemos.

Manuel Baltar, na reunión que mantivo co bispo de Ourense, Leonardo Lemos.

 

Ourense acollerá no vindeiro mes de novembro o que será o primeiro congreso internacional sobre a figura de San Martiño de Tours, patrón da provincia de Ourense, evento que se celebrará conmemorando 1.700 anos do seu nacemento. Así o acordaron o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o bispo da Diócese de Ourense, Leonardo Lemos, na reunión que mantiveron na sede episcopal, acompañados dos investigadores medievalistas da Universidade Complutense de Madrid Jorge López Quiroga e Artemio Martínez Tejera. A realización do congreso, promovido pola Deputación de Ourense e que conta co apoio do Bispado de Ourense, foi unha das iniciativas anunciadas por Manuel Baltar no discurso que pronunciou na entrega do pasado “Premio Ourensanía”, acto que tivo lugar o 11 de novembro de 2015 no Teatro Principal de Ourense

O congreso ten como obxectivo afondar na historia medieval da provincia ourensá e na evolución do cristianismo neste territorio, achegando novos datos da época pertencente á Alta Idade Media, na que se sitúan os reinos grecorromanos, os bárbaros e as transformacións do mundo romano, un período do que aínda se coñece moi pouca información referida a Ourense.

Para elo, afirma Manuel Baltar, “destacados especialistas internacionais de historia antiga de universidades españolas e doutras partes do mundo como A Sorbona (Francia), Hungría, Estados Unidos, Austria, Reino Unido, Brasil e Portugal analizarán a figura de San Martín de Tours e a súa influencia na configuración social, política, relixiosa e territorial da Gallaecia de época sueva, un período crucial da historia de Ourense e de Galicia”.

Durante a celebración do congreso un programa de visitas guiadas levará aos expertos internacionais a diferentes enclaves da provincia de Ourense, en concreto ao Museo Arqueolóxico Provincial, ao Mosteiro de San Salvador, en Celanova; á igrexa visitógica de Santa Comba de Bande e o centro de interpretación Aquis Quaerquernnis; ao Mosteiro de San Pedro de Rocas, en Esgos; e ao Mosteiro de Santo Estevo de Rivas de Sil, en Nogueira de Ramuín, entre outras localidades.

San Martin de Tours (316-397), orixinario de Panonia (Hungría), foi un soldado romano, monxe-eremita e bispo de Tours. A súa actividade pastoral caracterizouse por unha importante labor evanxelizadora, e supuxo un modelo e referente para San Martín de Dumio, coñecido como o “Apóstol dos Suevos”, quen desenvolveu a súa labor cristiá na Gallaecia daquela época.

Manuel Baltar, Leonardo Lemos, Jorge López e Artemio Martínez.

Manuel Baltar, Leonardo Lemos, Jorge López e Artemio Martínez.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →