Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Ourense sede galega da cirurxía para abordar os avances da especialidade

Por   /  26/11/2016 

    Imprimir       Email
  • Ourense sede galega da cirurxía para abordar os avances da especialidade
  • O Servizo de Cirurxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense organiza a 60 reunión da sociedade médica decana de Galicia
  • Unha sesión de cirurxía de Colon en directo, retransmitida desde os quirófanos do CHUO, abrirá mañá o congreso coa intervención do responsable da Unidade de Innovación Cirúrxica do H. Virgen del Rocío de Sevilla, Salvador Morales
  • Un dos obxectivos dos especialistas galegos será establecer as bases dun Protocolo Multidisciplinar de Colecistitis Aguda para Galicia, onde a patoloxía biliar (de vesícula) presenta unha gran incidencia con grandes avances no seu tratamento

cirugia

 

Ourense convertese este fin de semana na sede da cirurxía galega, coa organización, por parte do Servizo de Cirurxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, da “LX Reunión da Sociedade de Cirurxía de Galicia”, sociedade médica decana na nosa comunidade, que celebra en Ourense seus 60 anos de traxectoria.

Nesta edición ourensá, abordaranse algúns dos procesos cirúrxicos con maior incidencia poboacional, como a colecistitis aguda; gravidade, como o sarcoma retroperitoneal, así como novas técnicas e avances cirúrxicos, como a cirurxía de colon por porto único, ou a reconstrución inmediata de mama, tras un proceso oncolóxico.

Segundo subliñou a presidenta do comité organizador e especialista do Servizo de Cirurxía do C.H. Universitario de Ourense, Purificación Froján, na presentación da Reunión que tivo lugar no CHOU, as patoloxías de colon, teñen unha gran incidencia en Ourense e no conxunto da comunidade e xeran na nosa provincia unha media de 250 intervencións ao ano, das que entre o 30 e o 40% realízanse vía laparoscópica.

Cirurxía innovadora en directo desde o CHUO

Os avances técnicos dos últimos anos neste campo, permiten abordar estes procedementos mediante técnicas mais conservadoras e minimamente invasivas, con menores tempos de recuperación e bos resultados prognósticos. Para afondar nunha destas alternativas terapeúticas, unha sesión de cirurxía de colon por porto único en directo, retransmitida desde os quirófanos do CHUO, abrirá mañá o congreso, coa intervención do prestixioso responsable da Unidade de Innovación Cirúrxica do Hospital Virgen del Rocío de Sevilla, Salvador Morales.

A responsable da Xerencia de Xestión Integrada do Sergas en Ourense, Eloína Núñez, destacou precisamente o liderazgo neste eido dos especialistas ourensáns, con gran experiencia na organización de actividades formativas, baseadas no valor práctico da retransmisión en tempo real, como vía de aprendizaxe de gran valor para o sector cirúrxico, con catro liñas xa consolidadas en cirurxía colo-proctolóxica, abdominal, endocrina e de mama.

Protocolo Galego para o manexo da patoloxía biliar en Galicia

En Galicia, ao igual que Ourense, as enfermidades relacionadas coa vesícular biliar teñen unha gran prevalenza, e representan unha ampla sección da actividade asistencial dos servizos de cirurxía. Tan só no CHUO, anualmente realízanse ao redor de 400 intervencións causadas por problemas biliares, delas entre un 20 e un 30%, son colecistitis agudas, inflamación da vesícula que cursa con dor abdominal intenso, e que en moitos casos só poden ser resoltas por vía cirúrxica coa extirpación da vesícula.

Nos últimos anos, o tratamento da colecistitis biliar ten variado moito, grazas aos avances nos medios diagnósticos e tratamentos farmacolóxicos, así como por medio do seu abordaxe multisdisciplinar, en coordinación con outras especialidades como Dixestivo e Radioloxía Intervencionista, o que permite un tratamento mais conservador e menos agresivo na fase aguda dos pacientes con alto risco cirúrxico. Para consolidar esta vía de traballo, mañá pola tarde, os cirurxáns galegos avaliarán os resultados dunha enquisa realizada en tódolos hospitais galegos, co obxetivo de establecer un Protocolo Galego de manexo multidisciplinar da Colecistitis Aguda.

Ademais, o programa aborda as necesidades formativas de maior actualidade, coa presenza de relatores de recoñecido prestixio a nivel nacional, entre os que hai que destacar a participación de Vicente Artigas, do Hospital Santa Creu i Sant Pau de Barcelona, de referencia nacional e pertencente ao Grupo Europeo de Sarcoma, que abordará as Bases e Estratexias Cirúrxicas do Sarcoma Retroperitoneal, con grandes avances no seu tratamento cirúrxico, radioterápico e quimioterápico. Estes tumores son infrecuentes pero de gran agresividade, esixindo un traballo en equipo multidisciplinar, como se ven facendo en Ourense coa participación conxunta de Cirurxía, Uroloxía, Radioloxía Vascular e Oncoloxía. Deles, no CHUO diagnostícanse entre 10 e 11 casos novos anuais.

O cuarto gran bloque de traballo abordará un tema de plena actualidade como a Cirurxía do Cancro de Mama, analizando a evolución destes procedementos en Galicia, e tratando un tema de gran repercusión como a reconstrución inmediata de mama. O Servizo de Cirurxía do CHUO, formado por 24 facultativos, foi responsable tan só en 2015 da realización de mais de 1.300 operacións, 2.200 ingresos e unhas 14.000 consultas .

Programa:

programa_prov_lx_reunion_socigal_pagina_1

programa_prov_lx_reunion_socigal_pagina_2

programa_prov_lx_reunion_socigal_pagina_3

programa_prov_lx_reunion_socigal_pagina_4

 

programa_prov_lx_reunion_socigal_pagina_5

programa_prov_lx_reunion_socigal_pagina_6

programa_prov_lx_reunion_socigal_pagina_7

programa_prov_lx_reunion_socigal_pagina_8

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

servicio-publico-de-empleo-estatal-prestaciones-sepe-antes-inem_img238015t0

Paro novembro: baixa nun 9,6%, o maior descenso producido neste mes desde hai 18 anos

Leer mas →