Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Patricia Román gaña o XII Premio “Pura e Dora Vázquez” de Ilustración

Por   /  17/04/2015 

    Imprimir       Email

O xurado deu a coñecer hoxe o fallo na Deputación de Ourense, destacando da obra “a orixinalidade das ilustracións, que se adaptan moi ben ao texto premiado na modalidade literaria e axudan a narrar a historia” 

A ilustradora, natural de Ciudad Real, gaña por segundo ano consecutivo este certame co que a Deputación de Ourense quere recoñecer a calidade literaria e artística de traballos creados para nenos e xóvenes

Xurado XII Premio Pura e Dora Vázquez de Ilustración

 

A ilustradora de Ciudad Real Patricia Román Ortega foi o gañadora da XII edición do premio “Pura e Dora Vázquez de Ilustración Infantil e Xuvenil”, que convoca a Deputación de Ourense, dotado con 1.500 euros, co obxectivo de recoñecer a calidade literaria e artística de traballos creados para nenos e xóvenes, fomentar a lectura entre este público e poñer en valor a figura das escritoras Pura e Dora Vázquez.

O xurado, reunido hoxe no Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, recoñeceu da obra premiada “a orixinalidade das ilustracións, que se adaptan moi ben ao texto premiado na modalidade literaria e axudan a narrar a historia”, ademais de destacar a técnica empregada para a realización das ilustracións e a calidade do conxunto da obra.

O xurado -que adoptou por unanimidade a súa decisión-, estivo presidido polo deputado de Cultura da Deputación de Ourense, Avelino García Ferradal, e integrado polos vogais: María Rosa González Méndez, Luis Gulín Iglesias, José Manuel Fernández López e Xosé Manuel Cid Fernández. Como secretaria actuou Ana María Malingre Rodríguez.

Patricia Román gaña este certame por segundo ano consecutivo. É natural de Alcázar de San Juan (Ciudad Real). Estudia Belas Artes en Aranjuez e na súa formación figura un Ciclo Superior de Ilustración e formación no IES Felipe II, centro asociado á Universidade Complutense. Tamén foi bolseira do programa Erasmus en Berlín.

Os traballos de ilustración presentados ao certame, de diferentes estilos e temáticas, baseáronse no texto gañador do premio de narración,Bicha, da escritora coruñesa Eli Ríos (Londres, 1967), unha obra da que o xurado destacou “o atractivo que teñen para o lector os personaxes e a importancia que o relato da á amizade entre nenos e animais, ademais de axeitarse perfectamente para ser ilustrada dentro do espírito do premio”.

O premio “Pura e Dora Vázquez” é un dos máis prestixiosos certames literario-artístico de Galicia, dirixido ao público infantil e xuvenil, que leva o nome das nomeadas escritoras e poetisas ourensás Pura e Dora Vázquez, que tanto traballaron ao longo da súa vida a prol da cultura e da educación dos máis novos. O certame ten como obxectivo fomentar a lectura no público máis novo e á vez recoñecer o traballo de autores literarios e artísticos, unindo na obra premiada estas dúas disciplinas creativas. O libro incluirá o texto gañador e as ilustracións escollidas polo xurado, e empregarase como elemento de difusión e divulgación en campañas de animación á lectura.

O premio “Pura e Dora Vázquez”, nas súas modalidades de narración e ilustración, entregarase no decurso dun acto literario que terá lugar o vindeiro mes de xuño na Deputación de Ourense.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →