Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Pinceladas desde Turquía

Por   /  05/04/2016 

    Imprimir       Email
  • Neslihan Özgenç trae a súa pintura desde Turquía a Ourense

Neslihan Özgenç trae a súa pintura desde Turquía a Ourense

 

O Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense acolle unha nova exposición “Oráculo agoireiro”, que ofrece a pintura máis recente da artista turca Nesliham Özgenç, quen se desprazou dende o seu país para asistir ao acto de inauguración que tivo lugar esta tarde.

Özgenç ofrécenos un mundo imaxinario onde se reflicten os seus medos e inquedanzas, pero que tamén abre fiestras á esperanza dun destino que supere a convulsa actualidade. Trátase de obras en pequeno formato (35×40 centímetros) realizadas en técnica mixta e que se expoñen por primeira vez.

Esta artista, ten realizado mostras, ademais de en diferentes lugares do seu país, en Londres, Berlín ou Roma; asómase a Ourense despois de coñecer Galicia no ano 2014, onde estivo realizando ao longo de tres meses un estudo sobre a arte galega que, segundo recoñece, tivo unha notable influencia na súa produción artística posterior.

Nesliham Özgenç é licenciada en Belas Artes pola universidade de Uludag, realizou a súa tese sobre “A imaxe da sexualidade e do erotismo na arte occidental do século XX”. Actualmente é profesora no departamento de pintura da Facultade de Belas Artes da Universidade de Sakarya (Turquía).

Esta exposición poderá visitarse no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense ata o 1 de maio

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →