Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Plan “Ourense, a provincia termal” analizado por Baltar e Crecente

Por   /  17/11/2015 

    Imprimir       Email

Manuel Baltar e Mario Crecente analizan o Plan “Ourense, a provincia termal”.

  • En 2016 as liñas de actuación serán a promoción turística, a mellora de infraestruturas termais, a xestión económica e os investimentos

 

Mario Crecente e Manuel Baltar

Mario Crecente e Manuel Baltar

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse onte no Pazo Provincial con Mario Crecente, responsable da consultora que está a desenvolver o plan “Ourense, a provincia termal”, para analizar os avances acadados ata a data neste proxecto e seguir planificando a estratexia que a Deputación de Ourense coordinadamente coa Xunta de Galicia vai levar a cabo en 2016 para desenvolver liñas de actuación nos ámbitos da promoción turística, melloras de infraestruturas termais, xestión económica e investimentos.

O presidente do goberno provincial afirma que a planificación “é básica para acadar os obxectivos propostos no plan, que deberá estar rematado no horizonte de 2020 coa finalización do período de fondos comunitarios, fundamentais achegas económicas para a concreción das medidas que deben implementarse”, afirma Manuel Baltar.

Na xuntanza, Baltar e Crecente repasaron o proxecto básico da piscina termal de Laias e o da senda termal do Carballiño, e o consultor informoulle que actualmente están en fase de redacción os novos accesos a Cabreiroá e que se atopa en preparación o “blog termal”.

Sendo o termalismo un eixo estratéxico para o desenvolvemento da provincia de Ourense, Manuel Baltar considera que a “marca Ourense” “é un concepto que se está a distinguir, entre outros ámbitos de actuación, por unha aposta clara e decidida polo termalismo, que nos da visibilidade internacional e que fai posible que programas como o de “Termalismo saúdable” enlace a Ourense con 40 provincias de España, coa posibilidade de obter on line e en menos de 5 minutos a confirmación da reserva de praza. Un programa que este ano está a piques de rematar e que ten acadado unha gran demanda e éxito de convocatoria”.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →