Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Plantación de árbores en Cachamuiña para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente

Por   /  10/06/2015 

    Imprimir       Email

1 1 1 1 1 1 2015 MB e MedAmb

 

A Deputación de Ourense conmemorou o Día Mundial do Medio Ambiente cunha actividade de plantación de árbores a cargo de alumnos de primeiro curso de Primaria do CEIP “Ben Cho Shey”, de Pereiro de Aguiar, no que participou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o alcalde de Pereiro de Aguiar, Eliseo Fernández, e representantes de AquaOurense, Viaqua e a Área de Medio Ambiente da Deputación. O acto tivo lugar na contorna do encoro de Cachamuíña, onde, trala plantación de árbores, os alumnos recibiron un diploma da efemérides, acreditando a plantación da súa respectiva árbore, así como diversos agasallos.

O presidente do goberno provincial destacou a importancia de seguir mantendo “un Ourense verde e sostible, como valor singular da nosa provincia, onde natureza, termalismo e cultura van da man e están na raíz da nosa identidade”. Manuel Baltar agradeceu aos nenos e nenas e profesores do CEIP “Ben Cho Shey” por teren participado no acto, “pois este sinxelo xesto leva consigo o compromiso, o respecto e a responsabilidade que todos temos que amosar diante do medio ambiente, algo que forma parte da nosa historia e do noso presente, e que todos temos a obriga de preservar para que o futuro tamén ofreza a fermosura desta Ourense 100% natural”.

A iniciativa, promovida pola Deputación, AquaOurense e Viaqua, enmárcase no ámbito das actuacións que realiza a institución provincial como “goberno verde” e nas campañas medioambientais que impulsa o goberno de Manuel Baltar.

Dentro das actividades desenvolvidas hoxe, tamén tiveron lugar percorridos guiados pola estación depuradora do Barco de Valdeorras, para visitar as obras de mellora e ampliación, unha estación que está xestionada polo Consorcio de Augas de Valdeorras, iniciativa impulsada pola Deputación de Ourense para unha mellor xestión medioambiental das augas da contorna valdeorresa.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →