Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Premio de calidade sanitaria a nivel nacional “Best in Class”: O Centro de Saúde Orensán de A Cuña finalista

Por   /  01/11/2016 

    Imprimir       Email
  • O Centro de Saúde Orensán de A Cuña finalista no premio de calidade sanitaria a nivel nacional “Best in Class”
  • Os premios “Best In Class” (BIC) recoñecen aos hospitais, centros de saúde e servizos ou unidades hospitalarias que aspiran á excelencia, cunha xestión baseada na mellora continua da calidade asistencial

  • O Centro de Saúde ourensán destaca pola excelencia profesional, docente e investigadora ofertando unha carteira de servizos avanzada plena, que inclúe cirurxía menor e programa da muller ao completo: anticoncepción, prevención do cancro feminino e seguimento do embarazo

  • Mais recentemente, o centro incorporou dous novos programas de saúde e prevención da enfermidade, de Seguimento e Atención ao Paciente Crónico e o de Cancro Colorectal, no que, en coordinación cos servizos de Dixestivo e Cirurxía Colo-Proctolóxica do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, o centro esta realizando unha experiencia, pioneira no seu sector, que permite realizar directamente no centro de saúde estudios diagnósticos como a anuscopia

 

home2016_cab

 

O Centro de Saúde de A Cuña, da Xerencia de Xestión Integrada do sergas en Ourense, ven de ser seleccionado finalista nos premios á calidade e excelencia asistencial “Best In Class”, convocados, na súa undécima edición, pola Cátedra de Innovación e Xestión Sanitaria da Universidade Rei Juan Carlos I e Gaceta Médica, que se entregarán, o vindeiro 10 de novembro, no Hospital Universitario e Politécnico La Fe de Valencia.

O centro ourensán forma parte dunha terna de dez finalistas, na categoría de “Mellor Centro de Saúde”, seleccionados entre a totalidade de centros de saúde, públicos e privados, de todo o estado que se presentan este ano, entre os que destacan algúns dos mais recoñecidos, en canto a oferta asistencial e desenvolvemento de aspectos de mellora continua e calidade.

Centro de Saúde referente en Atención Primaria

Para o Centro de Saúde de A Cuña é a súa primeira candidatura aos BIC, polo que xa é todo un logro figurar entre os dez mellores de España. Entre súas principais virtudes, que o fan referente a nivel de atención primaria, destaca o alto nivel do seu cadro profesional, que inclúe a tres Doutores en medicina; seu traballo en equipo; súa vocación docente, sendo uns dos centros decanos en Galicia na formación MIR, e o fomento da investigación, con máis de trinta traballos científicos publicados, nos últimos cinco anos, ademais de dous proxectos en marcha na actualidade.

Xunto a elo, A Cuña é un dos poucos centros de saúde, a nivel autonómico, que oferta unha carteira de servizos avanzados plena, que inclúe tanto Cirurxía Menor como o Programa da Muller ao completo: anticoncepción, prevención do cancro feminino (mama e útero), ademais de seguimento do embarazo.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

servicio-publico-de-empleo-estatal-prestaciones-sepe-antes-inem_img238015t0

Paro novembro: baixa nun 9,6%, o maior descenso producido neste mes desde hai 18 anos

Leer mas →