Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Presentación da 44ª edición da “Festa do Peixe” de Bande

Por   /  26/05/2015 

    Imprimir       Email

José Antonio Armada e Manuel Baltar

 

O Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da  Deputación de Ourense acolleu hoxe a presentación da 44ª edición da Festa do Peixe de Bande, unha das celebracións gastronómicas e culturais de máis tradición e máis antigas, declarada de Interese Turístico de Galicia, e que, segundo o alcalde de Bande, José Antonio Armada, reunirá entre os días 29 e 31 de maio a unhas 5.000 persoas nos actos organizados na presente edición, que conta coa colaboración da Deputación de Ourense.

O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, e o alcalde de Bande, presentaron este evento, co que se abre o calendario de celebracións gastronómicas na provincia de Ourense. Manuel Baltar dixo que a Festa do Peixe é unha celebración singular e consolidada “que achega un importante retorno económico tanto para Bande e a súa comarca como para a provincia”, e felicitou ao municipio de Bande e ao seu alcalde “por ser un dos concellos no que máis se dinamizan as actividades no rural, e  boa proba diso é que esta é unha das festas de maior arraigo popular na provincia de Ourense, algo que acreditan os centos de persoas que nestas datas se achegan a Bande na procura de lecer, nun evento no que a tradición, a gastronomía e o deporte van da man, xunto cun destacado respecto pola natureza e o medio ambiente”.

O programa deste ano inclúe, segundo explicou José Antonio Armada, actividades musicais e deportivas, stans gastronómicos, mercado de artesanía, campionatos de pesca e caza e unha exhibición de patinaxe, “ademais do tradicional “Charangódromo” polo que pasan cada ano as mellores charangas de Galicia”, afirmou Armada.

A Festa do Peixe é unha das celebracións de gastronomía fluvial máis importantes de España, na que tradición e ocio únense nunha celebración que, logo de máis de catro décadas, coloca a Bande como referencia dunha cociña natural, que exalta por riba de todo o peixe, e tamén o pan, os doces e os pratos típicos de Bande e da Baixa Limia.

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →