Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Presentación da exposición “Entre bastidores”, de María Rosa Caporale

Por   /  03/03/2016 

    Imprimir       Email
  • A mostra será inaugurada mañá, 4 de marzo, no Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, ás 20.15 horas

0 0 RF presentacin Maria Rosa Caporale

 

O Centro Cultural “Marcos Valcárcel” estrea nova exposición: “Entre bastidores”, da artista María Rosa Caporale, que será inaugurada mañá, 4 de marzo, ás 20.15 horas. A presentación da mostra tivo lugar esta mañá onde estivo presente o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; a artista; o asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar; e o director do Centro Cultural, Francisco González.

Rosendo Fernández puxo en valor o Centro Cultural “Marcos Valcárcel” como lugar de encontro e canle de difusión cultural, e afirmou que esta exposición é “unha obra singular dunha arxentina xa nacionalizada española, unha ourensá máis, que soubo captar nesta exposición a sensibilidade arxentina e o colorido español e galego”, e engadiu “os artistas falan coa súa obra e o expoñen para o recreo de todos”.

A mostra está composta por “unha selección de máis de 50 traballos que datan dende o 2001 ao 2016, repartidos entre pinturas sobre tela, sobre papel e obxectos artísticos, caixas que son o principio e o fin do proceso de creación mestura de historia e natureza”, asegurou María Rosa, como ela mesma expresou na presentación trátase de “pintura de sensacións”.

En palabras da propia artista, Entre Bastidores “é unha aposta pola convivencia de todos os que temos unha historia que contar. Alude tamén a unha expresión teatral, que se materializa en caixas, pequenas escenografías que completan esta exposición, onde gardo obxectos esenciais, cos que compartín tempo e historias”. E engadiu ao respecto desta exposición, “inspírome na natureza e esta sérveme como medio para manifestar sensacións, creo valéndome do recordo, botando moi atrás a memoria, ata alí onde me esperan os meus antepasados, axudada pola observación de obxectos, lugares, accións que me emocionan pola súa condición de insondables”.

Francisco González afirmou que a autora “é membro dunha familia de creadores coa que temos moita relación pero, Maria Rosa nunca expuxera antes no Centro Cultural, e estamos encantados de que estea aquí con esta mostra que emana poesía pura e sutileza”.

María Rosa Caporale naceu na Prata, en Arxentina, en 1949, pero reside en Ourense dende 1970. Licenciada en Pintura e profesora superior de Pintura pola Facultade de Belas Artes da Universidade Nacional da Prata, validados polo título español de profesor de Debuxo da Escola Superior de Belas Artes de San Fernando. Realiza varias exposición individuais e colectivas, compaxinando esta actividade co seu traballo na docencia. Participa en actividades de difusión da obra gráfica xunto con Carlos González Villar, creador dun taller de gravado no ano 1978 en Ourense.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →