Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Presentación da II andaina “Serra Mosteironda”

Por   /  25/10/2016 

    Imprimir       Email
  • A II andaina “Serra Mosteironda” recupera antigos sendeiros de Velle
  • Este evento deportivo celebrarase o vindeiro domingo, 30 de outubro

 

Rosendo Fernández, Francisco Sotelo, David Hermida e Bernardino González

Rosendo Fernández, Francisco Sotelo, David Hermida e Bernardino González

 

O Concello de Velle acollerá o vindeiro domingo, 30 de outubro, a segunda edición da andaina “Serra Mosteironda”, organizada pola asociación de veciños Santa Marta desta localidade, coa que se recuperarán antigos sendeiros do municipio. A presentación deste evento deportivo tivo lugar esta mañá no Pazo Provincial da Deputación de Ourense, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; e o presidente e o vogal da asociación de Veciños Santa Marta de Velle, Francisco Sotelo e David Hermida, respectivamente.

A Deputación de Ourense colabora con esta actividade que mestura “deporte, saúde, gastronomía e turismo”, dixo Rosendo Fernández, quen agradeceu o labor que realiza a asociación ao desenvolver “este tipo de iniciativas que poñen en valor o territorio”, mentres que Bernardino González salientou a importancia de “fomentar estas actividades que promoven a saúde a través do deporte”.

O presidente da asociación de veciños Santa Marta de Velle explicou que esta andaina é “unha actividade importante dentro da asociación, que levamos a cabo co fin de dinamizar a parroquia de Velle para que a xente de fóra e incluso do pobo, coñezan camiños, zonas e paseos que practicamente estaban abandonados e que coa andaina se poñen de novo en valor”.

En canto á proba deportiva conta con dous traxectos, un longo de 18 quilómetros, e un curto de 10 quilómetros “cun percorrido accesible para calquera persoa porque non ten moita esixencia e a través do cal, os participantes poderán gozar das magníficas vistas e zonas que ofrece o municipio”, dixo David Hermida. A saída da proba terá lugar ás 9.30 horas, na área recreativa O Palao.

Os interesados en participar poderán inscribirse ata o vindeiro venres, 28 de outubro, e o custo da inscrición é de 5 euros que inclúe ademais da andaina “dous avituallamentos, un obsequio, e aperitivos ao finalizar a proba”, afirmou Francisco Sotelo.

En canto ao número de participantes, o presidente da asociación asegurou que “tendo en conta que na primeira edición contamos con 160 persoas, nesta ocasión esperamos chegar aos 250 participantes”.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

servicio-publico-de-empleo-estatal-prestaciones-sepe-antes-inem_img238015t0

Paro novembro: baixa nun 9,6%, o maior descenso producido neste mes desde hai 18 anos

Leer mas →