Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Presentación da III Carreira Popular de Monterrei

Por   /  27/10/2016 

    Imprimir       Email
  • A III carreira popular de Monterrei, proba oficial da Federación Galega de Atletismo
  • Este evento deportivo celebrarase o día 6 de novembro
Marcos Meno, José Luis Suárez, Rosendo Fernández, Bernardino González e Óscar Gómez

Marcos Meno, José Luis Suárez, Rosendo Fernández, Bernardino González e Óscar Gómez

 

O Concello de Monterrei acollerá o día 6 de novembro a terceira edición da carreira popular de Monterrei, proba oficial da Federación Galega de Atletismo. A presentación deste evento tivo lugar onte no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o asesor de Deportes, Bernardino González; o alcalde de Monterrei, José Luis Suárez; o responsable de Deportes de Monterrei, Marcos Meno, e o presidente da asociación deportiva Limiactiva, Oscar Gómez.

Rosendo Fernández lembrou que se trata “da terceira proba deportiva do Concello de Monterrei que presentamos aquí e que dinamiza un produto típico da localidade, como é o viño, mesturando nunha mesma actividade turismo e deporte”. Pola súa parte, Bernardino González agradeceu ao Concello de Monterrei “a súa aposta polo deporte a través de diferentes iniciativas que fomentan a práctica deportiva”.

Esta terceira edición da carreira popular de Monterrei desenvolverase baixo o lema “Monterrei é 10” que como explicou José Luis Suárez, fai referencia a que este ano “conseguimos que a carreira sexa de 10 ao ser homologada, federada e que cumpre todos os requisitos para poñela no circuíto galego de Atletismo”. Así mesmo dixo que os obxectivos desta proba son “dinamizar o noso municipio e conseguir que os 10 quilómetros da nosa carreira popular, sexan os máis rápidos de toda Galicia, ese é o noso reto”, e engadiu o alcalde do Concello de Monterrei, “vai a ser unha carreira de referencia, que será moi importante para preparar a carreira de San Martiño”.

A saída da proba efectuarase segundo a categoría, así benxamín e alevín sairán ás 10.50 horas, e percorrerán unha distancia de 1 quilómetro. As categorías de infantil e cadete saíran ás 10.30 horas cunha distancia de 2 quilómetros, mentres que a categoría prebenxamín (nados no ano 2010 e 2011) daranse cita ás 12.35 horas, cun percorrido de 400 metros, e a categoría pitufos (nados no ano 2012, 2013, 2014 e 2015) ás 12.45 horas, e realizarán un percorrido de 200 metros. Ás 11.15 horas será a quenda para a carreira absoluta nas categorías xuvenil, júnior, promesa, sénior e veteranos, que percorrerán unha distancia de 10 quilómetros, homologados pola RFEA (Real Federación Española de Atletismo).

Tanto a saída como a meta estarán situadas na rúa Progreso, na localidade de Albarellos, ao carón da Casa do Concello de Monterrei, onde se realizará a entrega de dorsais.

A clasificación será absoluta e por categorías e haberá “premios en metálico para o primeiro, segundo e terceiro de cada categoría da carreira absoluta, tanto en masculino como en feminino, ademais dunha botella de viño da nosa comarca para cada participante na carreira absoluta”, asegurou Marcos Meno.

Os interesados en participar poderán inscribirse na páxina web www.championchipnorte.com ata o día 3 de novembro, cunha cota de inscrición de 5 euros para a carreira absoluta, mentres que a participación nas carreiras escolares é de balde.

En canto ao número de participantes, Óscar Gómez dixo que “en edicións anteriores participaron ao redor de 250 persoas, e nesta edición esperamos superarnos e conseguir que só na carreira absoluta participen 250 corredores”.

O responsable de Deportes do Concello de Monterrei sinalou que os obxectivos desta proba é que “sexa o 10.000 máis rápido de Galicia, de aí tamén o lema desta edición, pois o 10 fai referencia á distancia, porque é un circuíto de 5.000 metros que se vai a percorrer dúas veces”, e adiantou que a pretensión é acadar que “este circuíto que está homologado pola Federación Española de Atletismo consigamos queentre no Campionato galego e incluso no de España”.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

servicio-publico-de-empleo-estatal-prestaciones-sepe-antes-inem_img238015t0

Paro novembro: baixa nun 9,6%, o maior descenso producido neste mes desde hai 18 anos

Leer mas →