Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Presentación da X Subida O Furriolo

Por   /  19/08/2015 

    Imprimir       Email

Deputación de Ourense - Presentación da X Subida O Furriolo

 

Na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense, tivo lugar esta mañá a presentación da décima edición da Subida O Furriolo que terá lugar os días 22 e 23 de agosto. No acto estivo presente o asesor de deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González, a alcaldesa de A Bola, Teresa Barge, o presidente da Mancomunidade Terra de Celanova, Jose Antonio Pérez Cortés, o presidente da Federación Galega de Automobilismo, Iván Corral e en representación da escudería Celanova Motor, Jorge Varela Álvarez.

A X Subida O Furriolo é un evento deportivo organizado pola escudería Celanova Motor, sendo un dos referentes do campionato galego de montaña. Bernardino González asegurou durante a presentación que esta actividade deportiva é “unha proba consolidada que conta cunha gran acollida en cada edición e desde a Deputación de Ourense estamos encantados de poder colaborar, como tamén o fan os concellos de Celanova e A Bola, neste tipo de eventos para que continúen a celebrarse”.

O trazado que os pilotos percorrerán este fin de semana foi inaugurado no 2012 e celébrase na carretera OU-131. A saída terá lugar no punto quilométrico 7,1 e a chegada efectuarase no quilómetro 2,1, cun percorrido total cronometrado de 5.000 metros por estrada asfaltada. Segundo Iván Corral, esta X Subida O Furriolo contará “con participantes de gran calidade como Javier Villa (BRC B49), que é un dos referentes”, así como, Jose Antonio López Fombona (Audi A4 DTM), Jonathan Álvarez (BRC 05EVO), Jacobo Sobral (Silver S2) e pilotos locais como César Rodríguez (BRC B49) e Abrahán Vázquez (Peugeot 206), entre outros. Ao redor de 50 pilotos que farán deste fin de semana dous días de motor de calidade xa que, “non é unha proba con moita cantidade de pilotos pero sí con pilotos de gran calidade”, engadiu Iván Corral.

Jose Antonio Pérez Cortés, expuxo durante a presentación en nome dos alcaldes da Comarca que, “sempre estamos dispostos a colaborar en actividades como estas que sexan polo ben da comarca”.

O campionato galego de montaña xa chegou ao seu ecuador polo que, como afirmou o presidente da Federación Galega de Automobilismo, “este fin de semana pode decidirse o campión en función dos resultados acadados”.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →