Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Presentadas 12 medidas de dinamización no Debate sobre o Estado da Provincia

Por   /  16/11/2016 

    Imprimir       Email
  • Manuel Baltar: “Cómpre unha nova “axenda dos territorios” que priorice participación cidadá, emprego, innovación, cultura e medio ambiente”
  • O presidente provincial presentou no Debate sobre o Estado da Provincia 12 medidas de dinamización provincial, que sumadas ás 10 do grupo de goberno teñen como obxectivo “vertebrar o territorio atendendo ás especificidades de cada concello e de cada bisbarra”
  • Baltar anunciou a elaboración dun Plan Provincial de Turismo Creativo e Cultural “para ser competitivos no mapa turístico nacional”; e a creación dunha “Bolsa socio-sanitaria de emprego”, pioneira en España, e do Centro Tecnolóxico “Ourense Intelixente”, ademais da posta en marcha dun “Programa de Aceleración para a Innovación Pública”
  • O presidente afirmou que a Deputación “é o motor de transformación dunha provincia que terá na chegada da alta velocidade “un pulo determinante”, e remarca como principais eixes de actuación: turismo, deporte, tecnoloxía, habitabilidade e xestión e rigor nas contas públicas
  • O pleno aprobou en total 19 propostas de resolución referidas á innovación pública, emprego, igualdade, tecnoloxía, medio ambiente, transparencia, cultura, desenvolvemento rural, cooperación e etnografía
Manuel Baltar, durante a súa intervención no Debate sobre o Estado da Provincia de Ourense 2016.

Manuel Baltar, durante a súa intervención no Debate sobre o Estado da Provincia de Ourense 2016.

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, afirmou hoxe na sesión plenaria de debate sobre o Estado da Provincia que os gobernos locais “deben situarse no centro das políticas públicas, convertendo os ideais normativos en propostas concretas”, e defendeu a necesidade de poñer en marcha “unha nova “axenda dos territorios” que priorice participación cidadá, creación de emprego, mellora nos servizos públicos, innovación, cultura e unha filosofía medioambientalista como eixe vertebrador, xunto con políticas culturais que fomenten o patrimonio, a creatividade e a diversidade local”.

O presidente provincial presentou no debate 12 novas medidas de dinamización provincial, que sumadas ás 10 do grupo de goberno teñen como obxectivo “vertebrar o territorio atendendo ás especificidades de cada concello e de cada bisbarra”. Afirma que a Deputación “é o motor de transformación dunha provincia que terá na chegada da alta velocidade “un pulo determinante”, e remarca como principais eixes de actuación: turismo, deporte, tecnoloxía, habitabilidade e xestión e rigor nas contas públicas.

Manuel Baltar anunciou a elaboración dun Plan Provincial de Turismo Creativo e Cultural “para ser competitivos no mapa turístico nacional”; e a creación dunha “Bolsa socio-sanitaria de emprego”, pioneira en España, e do Centro Tecnolóxico “Ourense Intelixente”, ademais da posta en marcha dun “Programa de Aceleración para a Innovación Pública”.

O pleno aprobou en total 19 propostas de resolución referidas á innovación pública, emprego, dinamización económica, tecnoloxía, emprendemento, igualdade, medio ambiente, termalismo, transparencia, cultura e patrimonio, desenvolvemento rural, viticultura, cooperación cos concellos, cooperación europea e etnografía, propostas que recollen aspectos estratéxicos para o futuro da provincia de Ourense e que abranguen os ámbitos de actividade que desenvolve a institución provincial.

Plan de mandato da próxima lexislatura: “Ourense 72-73”

Manuel Baltar dixo no seu discurso que as iniciativas que propón “marcarán a axenda dos próximos doce meses e constitúen unha prioridade para este goberno, ademais das propostas de resolución que se aproben e, por suposto, sen esquecer as previsións contidas no Plan Ourense 15-19 de xestión e estratexia operativa desta Deputación Provincial”. Tamén avanzou a que será a denominación do plan da próxima lexislatura (2019-2013), que se chamará “Ourense 72-73”, en alusión aos 7.273 quilómetros cadrados que ten a provincia de Ourense, “todos eles igual de importantes”.

As medidas que anunciou o presidente no seu discurso son: no que atinxe a innovación pública, a posta en marcha desde Ourense dun “Programa de Aceleración para a Innovación Pública”, na liña das políticas propias dun Lean Start up Government para a mellora da xestión pública; en materia de incendios forestais, a realización dun estudo por parte da Deputación sobre a xestión das franxas de biomasa; e no ámbito agrario, tendo en conta o potencial da Limia, realizar o proxecto de desenvolvemento rural “Horta de Xunqueira”, da man dos agricultores da zona e con pre-acordos con axentes de comercio e distribución de hortalizas.

Tamén anunciou Baltar a posta en marcha dun Programa piloto de recuperación de vivenda, xunto cos concellos de A Veiga e Oímbra; a organización en 2017 dun cumio técnico de Partenalia, a asociación europea de gobernos locais intermedios da que é vicepresidente, dada a importancia e o protagonismo que Ourense ten nesta entidade de ámbito europeo, para poñer en valor a realidade provincia.

No ámbito cultural e etnográfico, Manuel Baltar dixo que a Deputación promoverá a posta en valor do entroido e aproveitará o alto impacto turístico do mellor da nosa etnografía. E enlazando con isto anunciou, “para seguir fortalecendo a Ourensanía”, a edición dunha revista que levará por título “Vieiros da Ourensanía”. Ademais, expresou que 2017 “será o ano no que concretaremos a gran aposta por un dos produtos estrela da nosa gastronomía, a castaña, protagonista da nosa gran festa dos magostos, mantendo o apoio ao Centro da Castaña de Riós e perseguindo do Goberno a elección de Ourense-Riós para ese Centro Nacional que demandamos dende aquí, instando ao goberno de Galicia a potenciar todo o relacionado con este produto”.

Vertebración do territorio

Referíndose á vertebración do territorio Baltar anunciou a elaboración dun “Plan de dinamización turística da Baixa Limia”, a colaboración co Couto Mixto e a posta en valor de inmobles da Deputación situados en destacados paraxes naturais como os situados ao carón do embalse de Cachamuiña ou os que serviron en A Arnoia de escenario para presentar “La Vuelta Ciclista a España Ourense Termal-Madrid”. Tamén anunciou que se porá en marcha “a primeira “Bolsa de emprego socio-sanitaria de ámbito provincial” en España, “pensando nas ofertas que emitan as entidades locais da provincia, permitindo así maior transparencia e axilidade nos procesos de contratación públicos”.

Asemade, destacou o presidente que 2017 “será o ano da primeira fase do Centro Tecnolóxico “Ourense Intelixente”, un referente nacional en novas tecnoloxías aplicadas á administración e á comunicación cos cidadáns”, que terá como obxectivo “a formación e o emprego tecnolóxico, a dinamización tecnolóxica das pemes ourensás e o emprendemento de proxectos tecnolóxicos”, detallou Baltar.

Debate pioneiro

Manuel Baltar destacou que este Debate sobre o Estado da Provincia “só se celebra nesta deputación en Galicia e en dúas provincias máis en España, unha innovación contida no Código Ético e de Conduta desta institución”, e subliñou a importancia do mesmo reafirmándose na importancia da provincia “da que defendemos unha visión integral”. “Non somos só unha circunscrición electoral, somos unha provincia que conta cun goberno, cun presidente e plan de mandato (Ourense 15-19), que se fixo público antes das eleccións locais, como mostra do compromiso inquebrantable con Ourense”.

Open Government

O presidente provincial amosouse convencido de que o futuro da política “pasará por modelos de Open Government que están a aplicarse xa en Europa. E este debate é un exemplo dese goberno aberto, de interese por transmitir mensaxes de confianza, de ambición colectiva, de retos fixados e acadados. Unha mensaxe de futuro”.

Afirma Baltar que a actual situación socio-económica “require medidas audaces para renovar os modelos de gobernanza e convertelos en sistemas de “gobernanza multinivel”, onde destaquen a descentralización, a cooperación, o financiamento e a sostibilidade, desenvolvendo un traballo en rede e un intercambio de coñecementos para promover a innovación e o desenvolvemento sostible, postulados que esta Deputación leva tempo poñendo en práctica e formando parte do “modus actuandi” desta institución”.

Baltar tamén se referiu no seu discurso aos datos que achega o Observatorio Económico Ourensán, destacando que a provincia de Ourense leva “33 meses continuados reducindo a cifra interanual de desemprego” e que “as cifras de exportacións ascenden a 500 millóns de euros nos primeiros meses do ano 2016”. “Somos unha provincia que conta cun bo estado de saúde da súa agroindustria –expresou-, con cooperativas punteiras e denominacións de orixe con empresas que apostaron fortemente pola innovación tecnolóxica e a calidade. Como exemplo as catro denominacións de orixe vitivinícolas”, e afirmou tamén que anque somos unha provincia ben comunicada “tamén temos deberes que urxe atender como a mellora das infraestruturas coa comarca de Valdeorras, a situación do transporte público e a conexión coa capital dende diferentes puntos da provincia”.

Cooperación con cidadáns e concellos

Dedicou Manuel Baltar unha parte do seu discurso á cooperación da Deputación cos concellos, afirmando que a cooperación debe ser con todos “administracións e cidadáns, facendo da participación e da transparencia un eixo fundamental de actuación”. “Unha Deputación de Ourense que presta diferentes servizos medioambientais en máis de 70 concellos e que propón economías de escala, aforros en custes e reposición de infraestruturas eléctricas, en proxectos a medio prazo como o da Axencia Provincial da Enerxía e do Medio Ambiente.

A Deputación actúa como “concello de concellos”, “e aspira a ser a ventá municipal de Ourense”. “Unha fiestra –dixo- dentro dunha autopista da información que é a tecnoloxía. Velaí o proxecto de “Provincia Intelixente”, que conta xa co apoio de multinacionais como IBM e Vodafone, e que fará posible a posta en marcha dun centro tecnolóxico que converterá en realidade os nosos desexos e que fará de Ourense un territorio de referencia non só nacional”.

Concluíu Manuel Baltar destacando que estamos a falar da “marca Ourense”. “Unha provincia protagonista, con peso, porque o noso non é o seguidismo nin o pasotismo. Estamos para facer e facemos”. “A nosa provincia ben merece que ocupemos todo o noso tempo en defendela e promovela, e por iso temos que falar do acerto de plans como o de natalidade, e por iso falamos de cooperación: esta Deputación executa o Plan de obras provincial onde todos os concellos son tratados por igual, financiado cen por cen por esta deputación, sen achegas municipais nin doutras administracións. E aumentando a súa contía cada ano”.

E lembrou a xestión económica do ente provincial neste tempo “no que o endebedamento da institución reduciuse dun xeito espectacular: do 116 % ao 27 % na actualidade, e será 0 en maio de 2019”, engadindo que a institución provincial “conta co maior remanente de tesourería da historia da deputación e con cifra récord tamén de días de prazo no pago a provedores”.

Propostas de resolución aprobadas

O pleno aprobou un total de 19 propostas de resolución. Son as seguintes:

1.- LIÑA DE ACTUACIÓN: SECTOR VITIVINÍCOLA

“Poñer en marcha, en colaboración cos consellos reguladores das denominacións de orixe Ribeiro, Valdeorras, Monterrei e Ribeira Sacra, unha feira/exposición anual do viño da nosa provincia”.

2.-LIÑA DE ACTUACIÓN: COOPERACIÓN COS CONCELLOS

“Prestar asistencia específica ás entidades locais da nosa provincia na elaboración das relacións de postos de traballo e no inventario de bens municipais”.

3.-LIÑA DE ACTUACIÓN: CALIDADE DOS SERVIZOS PÚBLICOS LOCAIS

“Avaliar mediante as enquisas correspondentes os servizos públicos prestados polos entes locais da provincia de Ourense, afondando na transparencia da xestión e na mellora permanente”.

4.-LIÑA DE ACTUACIÓN: ECONOMÍA, EMPREGO E EMPRENDEMENTO

“Colaborar activamente coa Cámara de Comercio e Industria de Ourense para potenciar o papel do Viveiro de Empresas co que conta na Tecnópole e as Antenas Locais de Verín e do Barco de Valdeorras”.

5.-LIÑA DE ACTUACIÓN: TERMALISMO

“Establecer, tendo en conta as recomendacións dos colexios profesionais da saúde, un sistema integral de información terapéutica das principais augas mineromedicinais da provincia”.

6- LIÑA DE ACTUACIÓN: IGUALDADE

“Elaborar, tendo en conta os postulados e a filosofía do Código Ético e de Conduta, un Plan de Igualdade propio da Deputación de Ourense”.

7-LIÑA DE ACTUACIÓN: CULTURA E PATRIMONIO

“Constituír unha comisión provincial do patrimonio cultural que estudie e se pronuncie respecto da súa rehabilitación, conservación e difusión, propoñendo as medidas que estime oportunas ante as administracións públicas e entidades correspondentes”.

8- LIÑA DE ACTUACIÓN: MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN

“Axudar e asesorar ás comunidades propietarias de montes veciñais en man común para a legalización da súa xestión no correspondente a estatutos, elección de xuntas reitoras e consulta das axudas públicas e posta en marcha de proxectos que xeren riqueza e emprego no rural”.

9- LIÑA DE ACTUACIÓN: DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017

“Desenvolver durante o ano 2017, tendo en conta que o Día das Letras Galegas dedicarase a Carlos Casares, referente literario provincial, actos e manifestacións en lembranza da súa figura e da súa obra, de común acordo coa Fundación Carlos Casares, estudando a posibilidade de instaurar un premio cultural que leve o seu nome”.

10-LIÑA DE ACTUACIÓN: SOLO EMPRESARIAL E DINAMIZACIÓN ECONÓMICA

“Estudiar, con outras administracións públicas, a posibilidade de promover a constitución da Zona Franca de Ourense, tendo en conta o solo industrial-comercial que se concentra na área onde se atopan o Polígono de San Cibrao das Viñas, a Tecnópole, o Polígono de Barreiros, a Cidade do Transporte e os parques empresariais de Pereiro de Aguiar, de Paderne de Allariz e de Taboadela (8.650.000 metros cadrados) gañando en capacidade autónoma e decisoria empresarial e en competitividade”.

11- CONVENIOS DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS (MEDIO AMBIENTE)

Reformulación do Convenio Marco coas entidades locais da provincia para a prestación de asistencia técnica para a limpeza, baleirado e xestión de lodos de fosas sépticas de titularidade pública local, reducindo o aportado polos Concellos, en atas do aumento do número de municipios que subscriben o citado Convenio.

12-MEDIO AMBIENTE E MEDIO RURAL

Crear unha comisión que en colaboración co sector forestal da provincia elabore un Plan Integral de desenvolvemento do Sector Forestal na provincia de Ourense que sirva para por en valor os variados recursos e aproveitamentos dos montes ourensáns.

13-TERMALISMO

Creación da Rede provincial de Concellos Termais que abranga a todos os concellos con augas termais, con independencia do tipo de aproveitamento que se lle dea ás mesmas e que afonde no desenvolvemento do potencial termal da provincia máis aló da súa asociación coa área de benestar social. Co obxectivo de garantir a participación efectiva na toma de decisións dos concellos con potencialidades termais e promover o equilibrio territorial, a Deputación reforzará a asistencia e cooperación coas entidades locais a través do traballo en rede na área do termalismo.

14-INFRAESTRUTURAS, VÍAS E OBRAS

Implementación dun Plan de infraestruturas viarias provinciais, no que máis aló de contemplar o necesario mantemento, se determinen as necesidades das vías provinciais, en colaboración cos concellos e atendendo ás necesidades e demandas destes.

15-BENESTAR SOCIAL

Dada a estrutura poboacional da provincia de Ourense cunha elevada porcentaxe de poboación avellentada e dependente, ampliar a dotación económica destinada ós concellos dentro do programa BenOurense, co obxectivo de que dende os concellos se poida ampliar o número de persoas atendidas así coma traballar no eido preventivo da dependencia.

16-ADMINISTRACIÓN LOCAL

Creación dunha comisión, coa participación de expertos no eido da administración local, que elabore un documento coas propostas para a reforma da lexislación de réxime local, tanto autonómica como estatal. Propostas que aborden inescusablemente as competencias locais e un financiamento suficiente que teña en conta a dispersión poboacional dos concellos da provincia que encarece a prestación dos servizos municipais.

17-MEDIO AMBIENTE

Respecto da xestión do ciclo da auga, implementar e impulsar a creación de redes de municipios entre concellos limítrofes que garantan a boa xestión dos seus recursos hídricos compartidos e procuren a eficiencia económica, o aproveitamento eficaz dos equipamentos e a sustentabilidade medioambiental na explotación, abastecemento e aproveitamento das augas.

18-INFRAESTRUTURA DA LIÑA FERROVIARIA DE ALTA VELOCIDADE

Implicación activa da Deputación para que o AVE chegue a Ourense con todas as infraestruturas completadas, incluíndo a estación intermodal e a solución definitiva para o tramo Taboadela-Ourense. A Deputación de Ourense adquire o compromiso de instar ó goberno do Estado á recuperación dos fondos non executados en exercicios pasados e presentes así coma a inclusión das inversións necesarias nos vindeiros orzamentos para 2017, co obxecto de acadar os obxectivos marcados e que a alta velocidade sexa unha realidade sen renuncias.

19- PLAN PROVINCIAL DE MOBILIDADE. (DOTACIÓN 2 M€)

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

La mercancía incautada

Detenidos en Oímbra dos vecinos de Portugal por un delito contra la propiedad industrial por transportar ropa falsificada por valor de 11.000 euros

Leer mas →