Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Preto de 400.000 euros para os ámbitos da cultura, infraestruturas, servizos sociais e medio ambiente

Por   /  24/05/2016 

    Imprimir       Email
  • A Xunta de Goberno da Deputación aproba preto de 400.000 euros para os ámbitos da cultura, infraestruturas, servizos sociais e medio ambiente
Xunta de Goberno 24/05/16

Xunta de Goberno 24/05/16

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense celebrada esta mañá no Pazo Provincial aprobou destinar 398.440 euros para os ámbitos da cultura, infraestruturas, servizos sociais e medio ambiente da provincia de Ourense. Así o informou esta mañá a deputada de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación de Ourense, Montserrat Lama, quen deu conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao martes 24 de maio.

En concreto, en materia de infraestruturas, a Xunta de Goberno aprobou dúas axudas para o Concello de Riós, unha de 8.000 euros Riós para o arranxo e remodelación do parque infantil en Vendas da Barreira, e outra de 30.000 euros para as obras de adaptación dun baixo que se destinará a local social, na parroquia de Castrelo de Cima. Outra das axudas aprobadas na reunión foi para o Concello de Porqueira por importe de 23.000 euros, para o acondicionamento do camiño Forxa-Vila. Para o Concello de Petín aprobaron unha axuda de 57.100 euros para o acondicionamento de camiños, en concreto tarefas de limpeza de cunetas en trece vías municipais. As outras tres axudas aprobadas en materia de infraestruturas foron para o Concello de Cortegada para obras de acondicionamento de camiños rurais por valor de 25.000 euros, para o Concello de Melón para a adecuación da contorna da Casa do Concello por importe de 20.500 euros, e para o Concello da Bola, para o arranxo de camiños e eiras no núcleo de Podentes, por 100.000 euros.

Para o Concello de Muíños aprobáronse tres axudas, en materia de servizos sociais, para un programa de formación en atención sociosanitaria para persoas no domicilio, por valor de 4.395 euros, e outra tamén para accións de formacións en institucións sociais, por 10.445 euros. “Estas axudas permitirán preparar a profesionais para atender as necesidades dun municipio onde máis do 60% dos seus veciños teñen unha idade superior aos 60 anos”, destacou Montserrat Lama. A outra axuda para este municipio por un importe de 17.000 euros, é para o equipamento do complexo turístico deportivo O Corgo.

No eido cultural, a Xunta de Goberno aprobou unha axuda para a Asociación Cultural Pen Club de Galicia por 20.000 euros para gastos de mantemento e funcionamento da entidade correspondentes ao ano 2016. Para o Concello de Maceda, unha axuda de 30.000 euros para a adquisición dunha colección de elementos etnográficos. E, por último nesta materia, unha axuda de 3.000 euros para o Concello de Esgos para a semana cultural do municipio.

En materia de medio ambiente, na reunión aprobaron unha axuda para a Mancomunidade Terra de Celanova de 50.000 euros para gastos de funcionamento, extinción e prevención de incendios correspondentes ao ano 2016.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →