Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Primeira campaña provincial de compostaxe doméstica

Por   /  07/09/2016 

    Imprimir       Email
  • Deputación de Ourense e Sogama poñen en marcha a primeira campaña provincial de compostaxe doméstica
  • A iniciativa abrangue a todos os concellos agás o da capital e ten como obxectivo concienciar aos veciños sobre a problemática que representa a elevada xeración de residuos, capacitándoos para fabricar o seu propio compós a escala doméstica
Javier Domínguez e Manuel Baltar

Javier Domínguez e Manuel Baltar

 

A Deputación de Ourense e Sogama poñen en marcha a primeira campaña provincial de compostaxe doméstica, unha iniciativa que abrangue a todos os concellos de menos de 20.000 habitantes (todos agás a capital ourensá), e que ten como obxectivo concienciar aos veciños dos municipios sobre a problemática que representa a elevada xeración de residuos, capacitándoos para fabricar o seu propio compós a escala doméstica, o que lles permite pechar in situ o ciclo de reciclaxe dos restos orgánicos, converténdoos nun abono natural con excelentes propiedades fertilizantes para o solo.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o presidente de Sogama, Javier Domínguez Lino, asinaron hoxe no Pazo Provincial o convenio de colaboración da dita campaña, que pretende, a diferenza das de anos anteriores, dar servizo a todos os concellos da provincia da Ourense que estean interesados en participar, con prioridade para aqueles que non teñan realizado campañas anteriores e que conten cunha poboación inferior aos 20.000 habitantes.

A Deputación de Ourense asume a xestión, coordinación e desenvolvemento da campaña, levando a cabo as labores de dirección, supervisión e control de todos os traballos vinculados á campaña, así como a xestión do material que se entrega aos participantes e das accións formativas.

Manuel Baltar afirma que este acordo de colaboración en defensa do medio ambiente “abrangue por primeira vez todo o territorio provincial, sendo a de Ourense a única Deputación de Galicia que asina con Sogama este importante convenio. Damos resposta así ás necesidades medioambientais da provincia e falamos coas veciñas e veciños sobre un ámbito tan importante como é o da compostaxe. Esa é a vía de actuación dun goberno provincial no que destaca a súa aposta polo medio ambiente”.

A primeira fase da campaña de compostaxe provincial ten como finalidade a captación e selección dos participantes. Nesta etapa promoverase a participación dos veciños a través do compromiso de colaboración dos concellos. Na segunda fase subministrarase o material necesario (composteiros, manuais e carteis), para posteriormente iniciar un programa de formación no que se impartirán aos participantes coñecementos para que poidan realizar compós de calidade nos seus fogares de maneira autónoma. Finalmente, levarase a cabo un programa de seguimento, que consistirá na realización de visitas aos composteiros para comprobar a correcta realización do compós e así poder axudar a corrixir desviacións, propoñer solucións, solucionar dúbidas e recoller suxestións por parte dos participantes. As accións enmarcadas dentro do convenio desenvolveranse ata finais do presente ano 2016.

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →